Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.
09/01/2008
Virtual Barber Shop
Imprescindible usar auriculares... cousas das holofonías !
Reláxate no sillón e deixa que o barbeiro che corte o pelo...
Máis no blog de Bemoles en Binario
21/01/2008
II Premio Espiral Edublogs08

A Asociación “Espiral, Educación y Tecnología”, convoca o II Premio de Edublogs 2008.
Este premio pretende:
- Valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
- Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
Aquí podes ver as Bases do Premio Espiral Edublogs 08
E aquí os blogs que se van presentando.
Ánimo a todos e a todas que hai que facerse ver!!!
30 de xaneiro: actividades para o día da Paz
O SGEP enviará unha Carpeta Didáctica ós colexios e institutos cunha unidade didáctica: "A obsesión armamentista: unha enfermidade mortal"; o cartel conmemorativo e un exemplar do Documental “Cultura de Paz”, a partir do día 22 de xaneiro.
Os blogues das bibliotecas escolares galegas achegan o seu manifesto, e un vídeo musical.
Intermón-Oxfam presenta unha proposta educativa con actividades para as etapas de educación infantil e primaria.
No blog de
podemos atopar máis ideas. Unha delas é esta presentación O Reflexo da vida (pps) sobre unha historia india, que invita a reflexionar.
No blog Ensino en galego temos un xogo de preguntas e respostas sobre a Paz no Mundo. (Xentileza de Xosé Antón Vicente Rodríguez)
... (... continúa)
28/01/2008
Crise da educación
Artigo de José Saturnino Martínez, no diario El país, o día 14 de xaneiro do 2008., achega esta análise dende unha perspectiva sociolóxica, que en liñas xerais comparto.

29/01/2008
Ordenadores de baixo custo con Linux
No Blog "El Camarote" e publicado por José Luis Cabello: (Ver noticia ampliada)
"A aparición de ordenadores de baixo custo con Linux en Estados Unidos parece anunciar una tendencia que pode crecer e extenderse con rapidez, segundo informa Erica Ogg nun artigo en CNET News, no que dá cinco razóns para non temer usar estes equipos de menos de 200$, que sirven perfectamente para conectar a Internet e desenvolver as tarefas diarias da maior parte dos usuarios."
Algunhas innovacións nas TIC apuntan ó uso de tablets PC nas aulas (un por cada alumno/a), pero teñen un prezo considerable. Con esta alternativa sería moito máis viable esta idea.
Observar e comentar unha pintura (Profesor Potachov)
No blog do profesor Potachov ensínase cómo mirar un cadro e escribir un pequeno comentario sobre o mesmo. Para iso é necesario observar de maneira ordenada e sistemática unha serie de detalles importantes, os cales se explican neste documento a modo de guión. (Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria).
Razóns para o uso do software libre nas aulas
1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.
2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.
3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.
4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.
5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)
6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".
Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.
Conceptos xerais sobre o software libre.











