Blogia
Recursos educativos para mestres

Software libre e software propietario

Porque o primeiro son os Principios...

Un usuario dun ordenador pode escoller no mundo do software entre dúas opcións básicas: a) Utilizar software propietario, basicamente da multinacional Microsoft (windows, office...), ou b) Utilizar software libre, elaborado por unha comunidade de persoas que achega desinteresadamente este produto á rede para o disfrute de tod@s.

Esta elección faise a miúdo de xeito inconsciente, por imposición, xa que grazas ó monopolio de Microsoft no mercado case tódolos ordenadores veñen co seu sistema operativo instalado. O descoñecemento conduce a aceptar aquilo que nos dan imposto como se fose a única opción posible. Unha vez atrapados nesa rede adquírense uns hábitos difíciles de cambiar.

Como usuarios de software propietario (windows, office...) pasamos a formar parte da plantillla laboral de Microsoft. Dunha gran empresa privada. Traballamos para a gran empresa: comprando o seu software, utilizándoo, axudando ós nosos compañeiros a fidelizarse (axudámoslles a usar o word, o explorer, o windows, a arranxarlles os seus atrancos...). E traballamos gratis, ¡que gran cantidade de capital posto ó servizo de Microsoft, da empresa privada, e sen que a empresa gaste un duro neste exército de traballadores! Os piratas neste sistema non son máis ca voitres que viven da rapina.

Como usuarios do software libre (linux, firefox, openoffice...) pertencemos a unha gran comunidade que pon na rede este software e que o utiliza gratuitamente, sen dar explicacións, sen rexistros, sen publicidade,.... Traballamos para toda a comunidade, desinteresadamente, solidariamente, con sentido ético... ofrecendo o noso coñecemento e obtendo a cambio o coñecemento dos demais.

Como educadores formados podemos elixir entre dous sistemas de valores.

0 comentarios