Recursos TIC: clasificación xeral
Este artigo persegue a intencionalidade de animar e motivar ao profesorado a introducir o uso dos recursos TIC na súa práctica docente habitual, ou se é o caso, a ampliar as posibilidades de actuación para aqueles e aquelas que xa os utilizan. Esperamos que poida servir de guía útil para buscar e seleccionar recursos educativos axeitados ás necesidades de cada quen, conscientes de que non se trata de buscar un cambio radical na práctica docente, se non de ir dando pequeniños pasos que nos axuden a perderlle o medo e a incorporarnos a este novo tren.
Desde hai media ducia de anos, a introdución das TIC nas escolas é unha realidade que non podemos obviar. No día de hoxe xa son moi poucas as familias que non dispoñen dun ordenador na súa casa coa correspondente conexión a internet, e o noso alumnado vai adquirindo destrezas a un ritmo vertixinoso e incorpora o uso das TIC dun xeito “natural”. Non convén de ningún modo que a escola se quede atrasada nesta aventura, pois corre o perigo de verse convertida nun lugar cavernoso e escuro á realidade do alumnado.
De seguido presentamos unha tipoloxía de recursos TIC que pretende seguir un modelo didáctico básico estruturado en catro pasos:
1) A busca e ampliación de información sobre un tema calquera;
2) A elaboración e procesamento desa información, realizada fundamentalmente mediante o traballo colaborativo do alumnado coa guía do profesor/a;
3) A comunicación do coñecemento construído, e
4) A avaliación.
O feito de que a avaliación figure no último apartado non implica que sexa ese o momento no que deba realizarse dun xeito illado, pois ben sabemos que a avaliación guía todo o proceso de ensino-aprendizaxe, desde o seu momento inicial, pasando polo formativo, ata un momento final.
Existen moitas outras posibilidades de construír clasificacións de recursos, como poden ser por etapas educativas ou por materias de aprendizaxe, e que de feito xa se poden atopar na rede, pero ese tipo de clasificacións tampouco impiden que se meta nun mesmo saco un montón de recursos educativos de natureza moi diferente e que serven a moi diversos propósitos. Nós pretendemos ofrecer un modelo coherente cun enfoque didáctico centrado no traballo por competencias e as metodoloxías asociadas de traballos por proxectos, traballos por tarefas, traballo colaborativo, etc. onde o alumnado se convirte en protagonista da súa aprendizaxe. Esta tipoloxía inclúe dúas dimensións básicas dos recursos, como son os recursos entendidos como ferramentas e como contidos didácticos elaborados, e que se teñen presentes en cada unha das categorías da clasificación. Desde a nosa perspectiva queremos ofrecer unha visión global e secuenciada das diferentes posibilidades didácticas que nos ofrecen os recursos educativos, e en particular os recursos TIC.
Teñamos sempre presente que o obxectivo xeral da competencia dixital e de tratamento da información (e case se podería dicir que da educación en xeral) consiste en que o alumnado “poida dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento”. Este ambicioso obxectivo estanos pedindo a berros un cambio metodolóxico no que o sempre presente libro de texto deixe a un lado o seu papel protagonista nas escolas do século XXI, para cederllo aos verdadeiros protagonistas, o alumnado das nosas escolas. Cada vez resoan con máis forza as críticas aos libros de texto. En palabras de Jordi Adell: “Los libros de texto son una desgracia en formato papel y en formato electrónico no hacen mas que mostrar sus muchas limitaciones. Ya se han criticado bastante desde el punto de vista ideológico, de su propuesta didáctica escolástica, de que desprofesionalizan a los docentes, etc. Los libros de texto “digitales” no tienen ningún futuro en la sociedad de la información.”(…) La pedagogía actual propone actividades más centradas en los estudiantes y menos en el docente, metodologías más activas, trabajo en grupo, investigación y elaboración de artefactos, desarrollo de competencias y no solo adquisición de conocimientos, etc.” Ver entrevista a Jordi Adell en Educaweb.
Nesta liña non está de máis lembrar que os recursos web (entendidos tanto como ferramentas como contidos), non se esgotan nas populares actividades de consolidación de coñecementos ou reforzo para o alumnado, como as Jclic, flash, etc. Existen outras ferramentas cun potencial educativo moi superior, e que invitamos a experimentar, como son as ferramentas de traballo colaborativo: Blogs, Wikis, Webquests, Google Docs, eTwinning, as aulas virtuais ou as redes sociais. Sen dúbida son estas ferramentas as que nos ofrecen a posibilidade como docentes de sermos máis autónomos, máis responsables, máis creativos e en consecuencia mellores profesionais da educación.
Por último, sinalar que antes de comezar a utilizar recursos TIC, é conveniente unha reflexión previa sobre o soporte de software que se utiliza. A aínda escasa formación do profesorado neste ámbito condúcenos a utilizar sen máis reflexión aquilo que nos ben dado, ou imposto, por defecto, podemos dicir, nos nosos ordenadores. Estámonos referindo aquí á elección entre software libre e software privativo. Hai alguén aínda a quen se lle ocurra nos tempos de hoxe obrigar ao alumnado dunha escola a utilizar exclusivamente, por exemplo, zapatillas deportivas de marca, como Nike ou Adidas? Pois igual de escandalizados/as deberiamos quedar cando a este alumnado se lle “ofrece” exclusivamente traballar con Windows, Explorer ou Microsoft Word, todos produtos dunha compañía que monopoliza o mercado do software. Estes “pequenos detalles” son a alma do currículo oculto, que imperceptiblemente impregna a conciencia dos axentes educativos nun determinado modelo social e económico. Existe unha alternativa plenamente válida para utilizar no sistema educativo, o software libre (Linux, Firefox, Chromium, OpenOffice, LibreOffice,…), legal e gratuíto, sen custo económico, e sostido nos valores de solidariedade, traballo en equipo e compartición do coñecemento. Por razóns de coherencia, é unha boa causa, aposta por ela. Para saber máis… http://ticarua.blogaliza.org/software-libre/
Propoñemos a seguinte clasificación:
1. Recursos para apoiar a exposición docente (as explicacións habituais do profesor/a) e para buscar información en internet.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos e reforzo para o alumnado
5. Outros recursos xeneralistas e de apoio (redes sociais docentes, departamento de orientación (PT, AL…), directorios de recursos…)
.
1. Recursos para acompañar unha exposición do profesor/a e para buscar información en internet
1.1. Buscadores : Google
1.2. Enciclopedias: wikipedia. Autodefinida como un esforzo colaborativo por crear unha enciclopedia gratis, libre e accesible para todos/as.
1.3. Dicionarios
1.4. Xornais
1.5. Webs con contidos educativos
Museo Nacional do Prado: Conta con recursos como zona de xogos ou audioguías infantís.
Proxecto Biosfera (Para a ESO), Naturaleza Educativa...
1.6. Vídeos: Youtube, Vimeo, Google Vídeos… Documentais… TV…
1.7. Infografías (Eroski Consumer)
1.8. Podcast: audiolibros
1.9. Presentacións OpenOffice
1.10. Contidos educativos (secuencias didácticas): Agrega
Repositorio de contidos dixitais educativos, validados pedagoxicamente, de acceso gratuíto, e elaborados pola comunidade docente.
.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
2.1. Ferramentas básicas: correo electrónico, chat, traballo colaborativo en rede (Google docs). Google Docs é unha ferramenta que permite a creación de textos, presentacións ou follas de cálculo dentro dun navegador web de xeito colaborativo entre varios usuarios. Ademais, permítenos importar os nosos traballos xa feitos e exportalos para poder gardalos. Para utilizar estes servizos é preciso crear unha conta en GMAIL.
2.2. Webquests, cazas do tesouro
2.3. Tarefas, traballo por proxectos…
O traballo por proxectos de aula é unha das metodoloxías máis completas e axeitadas para desenvolver as competencias básicas no noso alumnado.
Con esta metodoloxía os alumnos e alumnas convértense nos protagonistas da súa aprendizaxe. Aprenden a presentar ideas, a debatir, a traballar en grupos, a buscar infomación e a traballar con esa información, seleccionándoa, procesándoa e elaborándoa para finalmente comunicala, xa oralmente ou mediante traballos escritos.
Unha introdución ao traballo por proxectos podemos vela neste enlace: https://sites.google.com/site/competenciasrua/practica-educativa/traballo-por-proxectos
E neste outro algunhas exemplificacións: https://sites.google.com/site/competenciasrua/practica-educativa/traballo-por-proxectos/exemplificacions-de-proxectos
CEPR Pablo de Olavide (Cádiz). Web con moitos recursos propios. Ten un amplo banco de actividades e tarefas deseñadas tendo en mente a adquisición das competencias básicas. Recompilación efectuada por Benito García Peinado. Máis de 230 actividades, tarefas e materiais pensados para a preparación da proba de diagnóstico. Problemas, actividades, situacións, adiviñas, razoamentos,…
Eduteka (Proxectos de clase) EDUTEKA é un Portal Educativo gratuíto de Colombia, xestionado pola Fundación Gabriel Piedrahita Uribe, que dedica un espazo importante aos proxectos de clase.
2.4. Ferramentas de traballo colaborativo: eTwinning
eTwinning fomenta a colaboración escolar a través das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para que os centros escolares europeos se asocien, a curto ou a longo prazo, para traballar xuntos en proxectos sobre calquera tema.
2.5. Aulas virtuais:
Moodle: Os sistemas de xestión da aprendizaxe (LMS ou Learning Management Services) son aplicacións que se executan na rede e que están destinadas á formación non presencial ou e-learning. O seu obxectivo é fornecer todas as características da formación presencial nunha contorna virtual. Así, pódese xestionar o alumnado, os contidos formativos, as accións de avaliación, etc. Moodle permite a xestión de roles para distintos tipos de persoa usuaria e a incorporación de calquera tipo de material educativo e recursos. Permite a integración de elementos multimedia como audio e vídeo e a xestión de obxectos de aprendizaxe.
Nesta web temos información sobre como instalar e administrar un aula virtual con Moodle: http://recursos.cepindalo.es/course/view.php?id=17
Edmodo… Edmodo.com é un dos espazos máis cómodos para crear un aula virtual, xa que o acceso do alumnado está totalmente controlado e libre de calquera contido que poida ser prexudicial. Ademais, o espazo de traballo é moi claro e facilita a xestión de actividades calendarizadas, a comunicación entre todos os membros do grupo e o intercambio de ficheiros entre outras cousas.
2.6. Redes sociais: Facebook, Twiter…
.
3. Recursos para elaborar e presentar a información
3.1. Presentación OpenOffice. Unha presentación web tamén pode elaborarse colaborativamente en Google Docs.
3.2. Blogs de aula , wikis… (portafolio, dossier…) Un blogue é un tipo de páxina web na que hai unha serie de anotacións consecutivas por orde cronolóxico inverso, é dicir, das máis recentes ás máis antigas. Podemos crear blogs de colexio, de aula, de profesores, de alumnado, etc., e ser utilizado con moi diversos fins. Os wikis tamén son un tipo de páxina web que manteñen unha estrutura de libro, cun índice e os distintos capítulos, e o seu contido pode ser creado tamén de xeito colaborativo por múltiples usuarios.
(Blog de terceiro ciclo do CEIP de Quintela)
3.3. Recursos da web 2.0 A web 2.0 é como se denominan os servizos online que nos permiten elaborar un sinfín de contidos multimedia con contido educativo. A modo de exemplo, podemos ver:
3.3.1. Vídeo (dotSUB…), podcast
3.3.2. Mapas conceptuais: Gliffy, Mindomo… Artigo no blog “Mirando al infinito“
3.3.3. Liñas do tempo: Timerime Unha liña do tempo é tamén un gráfico no que sobre un segmento horizontal que mide un periodo de tempo imos engadindo datas e acontecementos sobre algún evento en particular.
3.3.4. Issuu: permítenos subir documentos en formato pdf para despois poder visualizalos e integralos en calquera blog, wiki, etc.
.
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos e reforzo.
4.1. JClic, LIM (ferramenta creada por Fran Macías), Ardora (José Manuel Bouzán)
4.2. Actividades flash online
TIC 56: Recursos TIC para 3º ciclo de Primaria, de Alberto Armada
Todo Matemáticas, para 3º ciclo de Primaria, do Goberno de Canarias.
Recursos para nuestra clase (2º ciclo de Primaria)
Recursos para el primer ciclo de Educación Primaria, Blog con recompilación de recursos variados
Sereas sen cadeas, blog con recursos para a etapa de educación infantil.
Enlaces educativos CEIP Quinta Porrúa, Santander
Educalandia, Recursos clasificados por ciclos para educación infantil e primaria.
DocentesTIC, Recompilación de recursos para a integración das TIC, para infantil e primaria
Actividades para aprender xeografía.
Tamén podemos utilizar Google Maps, para actividades de xeografía, orientación espacial, itinerarios, etc) no seguinte enlace http://maps.google.es/ . Tamén o SIXPAC, Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, con maior definición e que permite medir distancias e áreas de parcelas, en http://emediorural.xunta.es/visor5/. Se aínda somos máis ambiciosos podemos descargar a aplicación Google Earth.
4.3. Recursos para o encerado dixital interactivo (EDI)
Usando o Encerado Dixital Interactivo
.
5. Outros recursos de apoio:
5.1. Redes sociais de docentes e outros puntos de encontro:
Internet en el Aula, red social docente, formada a día de hoxe por máis de 7.500 profesores de España e Latinoamérica. É un punto básico de encontro e unha boa axuda á formación docente. Este servizo ofrece foros, creación de grupos (máis de 140), blogs, etc.
Internet en el Aula, os mellores recursos educativos para educación primaria. Unha selección de enlaces con recursos educativos para educación primaria.
Planeta Educativo, Sindicación de Blogs de temática educativa. Un espazo fundamental para seguir a actualidade dos blogs de temática educativa a nivel español.
5.2. Blogs de ámbito TIC:
As TIC no CEIP A Rúa, Blog da comisión TIC do CEIP A Rúa, Cangas do Morrazo
TIC en Quintela, Blog do equipo TIC do colexio de Quintela, Moaña.
Blog que promove o uso das TIC nas aulas
Web da Rede TIC da Consellería de Educación
5.3. Blogs con recompilación de recursos para o Departamento de Orientación, PT e AL :
Blog de departamento de Orientación. Moi bo. Moitos recursos para PT, AL…
Blog con moitos recursos de apoio para PT e AL.
Páxina para traballar as técnicas de estudo co alumnado
Blog de Orientación Educativa, CEIP A Rúa, Cangas do Morrazo
5.4. Blogs ou webs con recompilación de recursos variados
Recursos educativos para mestres/as, Blog de Xosé Vidal, con recompilación de recursos web para infantil e primaria.
Recursos educativos en internet, José Ramón Gómez Pérez
Recursos didácticos con Internet Blog: Internet (como recurso) docente
5.5. Xogos
Jueduland Contén unha recompilación de máis de 800 sitios web. Atopamos actividades clasificadas por áreas, materias, etapas educativas, cursos de educación primaria, etc.
De seguido presentamos un listado de webs con xogos, especialmente para a etapa de educación infantil, pero tamén para primaria:
- O recuncho dos xogos
- E comeron felices (Médicos sen fronteiras)
- O preguntoiro
- El buho Boo
- Le poisson rouge
- A vaca Connie
- Vedoque
- Pequenet
- Las tres mellizas
- Childtopia
- O ovo de chocolate
- Mundopeque
- Os lunnis
- Atención e memoria
- Penso e xogo
- Recursos ciberfamilias
- Biodiverciudad
- Fundación biodiversidade
- Diversión para nenos (Eva Velázquez)
5.6. Webs de portais institucionais
Portal de contidos educativos da Xunta de Galicia
Banco de Recursos do Portal Educativo da Junta de Extremadura. Moi bo.
Banco de Imaxes e Sons
5.7. Wikis a modo de directorio de recursos TIC
Recursos en Red, de José Ramón Vidal Calvelo. Clasifica en : Entrenamiento, Actividades, Recursos, Enlaces, Juegos e Práctico.
ReDe, Recursos para a diversidade educativa, tamén de José Ramón Vidal.
Recursos gratuítos, de Manuel López Caparrós. Clasifica en: Software, Recursos, Diseño, Web 2.0, Vocabulario, Wikis educativas e Contenidos Digitales.
Wikirepo Repositorio educativo do CEP Castilleja de la Cuesta