Presentación do Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS) da Xunta de Galicia
- A Secretaría Xeral de Modernización promoverá e fomentará o uso do software libre en colaboración con todos os axentes implicados a través dun plan de acción dotado con 800.000€.
- No ámbito educativo os 14.000 ultraportátiles do Proxecto Abalar terán un sistema operativo baseado no software libre.
Educación
 A promoción do emprego do FLOSS na  educación primaria e secundaria  realizarase mediante unha serie de  iniciativas lideradas pola  Consellería de Educación para dalo a coñecer  entre a comunidade  educativa. Así, fomentarase a tradución ao galego de  solucións baseadas  en software libre e de fontes abertas, formase ao  persoal docente no  uso de solucións de software libre; despregarase un  servidor de centro  con solución TIC baseada en Floss nun mínimo de 50  centros e  licitaranse os 14.000 ultraportátiles do Programa Abalar con  sistema  operativo GNU/Linux e paquete ofimático de software libre e de  fontes  abertas. Tamén se despregará un proxecto piloto de aulas baseadas  en  solucións FLOSS e da iniciativa “Webs dinámicas” nun mínimo de 500   centros que lles permitirá dispoñer dun portal web, dunha plataforma de   teleformación e galería de imaxes con aplicación FLOSS.
Ver a noticia completa na web de Mancomun.org
 
       
		
0 comentarios