Carta aberta do Grupo do GLUG á Xunta da Galiza
Publicado na web de GLUG (Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza). Enviado por Denís en 16 Xullo, 2009 - 17:10.
Como bastantes xa saberedes, o goberno do Partido Popular ven de publicar un plano estratéxico para as novas tecnoloxías que, semella, substitúe ao anterior Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.
O PEGSI representaba, con todas as suas carencias, unha aposta forte polo Software Ceibe e o novo plano da Xunta ignora na sua totalidade estes temas.
É por iso que por toda a rede están a se mobilizar asociacións e indivíduos para lles facer chegar aos dirixentes da Xunta o seu desacougo, e o GLUG únese a estas iniciativas co envío dunha carta Certificada á segredaría Xeral de Modernización.
0 comentarios