Dous modelos de migración ao software libre
Atopo dúas noticias que fan referencia a modelos de migración ao software libre:
1. No blogue de Rentalia, empresa adicada ao aluguer de casas de vacacións en España, explican o proceso exitoso de migración desde unha plataforma de software privativo cara a unha solución libre con Ubuntu, OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird, Gimp, etc.. como substitutos do anterior software. Este modelo básico, coas adaptacións precisas segundo a tipoloxía e tamaño dos centros, pode ser un exemplo para trasladar ás institucións educativas. (Recollido na web Mancomún.org)
2. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñon, visitou o pasado 22 de maio o IES Chan do Monte en Marín (Pontevedra), o centro de referencia na implantación de Sofware Libre nas TIC en Galicia, e destacou o interese de estender este proxecto a outros centros educativos. (Semella que algo se avanza :-).
Son dous modelos diferentes pero que se complementan e poden adaptarse segundo a tipoloxía dos centros. O primeiro exemplo, (o de Rentalia) semella máis fácil de impulsar en centros de menores dimensións (penso máis nos CEIP pero tamén nalgúns IES) e onde os docentes posúen en xeral menor formación técnica. O modelo do IES Chan de Monte é un ideal a acadar, especialmente nos centros de maiores dimensións e onde se precisa dunha infraestrutura máis complexa e de técnicos cualificados no centro.
0 comentarios