O software libre popularízase no ensino
Recollido en Anosaterra diario
A Consellería de Industria acaba de publicar catro informes sectoriais sobre o uso do Software Libre no país: na PEME, na PEME TIC, nos centros de ensino non universitarios e nos concellos.
Esta publicación, realizada a través de Mancomun.org., recolle unhas conclusións e recomendacións xerais de cara ao futuro. Os informes dan idea da evolución ocorrida nos dous últimos anos no uso do Software Libre en Galiza. “Nos resultados percíbese que o aumento do uso deste tipo de software é constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores”, indica a Xunta de Galicia.
0 comentarios