Blogia
Recursos educativos para mestres

A humildade do mestre

“Un guerreiro toma a súa sorte, sexa a que sexa, e acéptaa coa máxima humildade. Acéptase con humildade así como é, non como base para lamentarse, senón como base para a súa loita e o seu desafío.

Lévanos moito tempo comprender iso e vivilo por enteiro. Eu, por exemplo, odiaba mencionar a palabra humildade. Son un indio, e os indios sempre fomos humildes e non fixemos nada máis que agachar a cabeza. Eu pensaba que a humildade non tiña que ver co camiño do guerreiro. ¡Equivocábame! Agora sei que a humildade do guerreiro non é a humildade do pordioseiro. O guerreiro non agacha a cabeza diante de ninguén, pero, ó mesmo tempo, tampouco permite que ninguén agache a cabeza diante del. Sen embargo, o pordioseiro á menor provocación pide piedade de xeonllos e bótase ó chan a que o pise calquera a quen considera máis encumbrado; pero ó mesmo tempo, esixe a quen considera por baixo del que lle faga o mesmo".

Recollido de: Carlos Castaneda: Relatos de poder

Máis cousas en: La Sangre del León Verde
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

Carlos -

Boas Xosé, vexo que compartimos temas de interese e mesmo formas de facer e ver as cousas. Sabes que dende hoxe téñoche ligado no sekeirox e o meu recolledor de sementes irame informado das túas anotacións. Parabéns polo blog. Lémonos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres