Blogia
Recursos educativos para mestres

III Encontro de Edublogs en Compostela

O pasado fin de semana celebrouse o III Encontro de Edublogs en Santiago de Compostela, despois das experiencias anteriores de Roa de Duero e Ayerbe. Participaron no evento máis de 130 profesores de toda España. Merece destacarse o bo ambiente que envolve este acto, que se sae do típico Congreso aburrido organizado normalmente polas universidades, e que se permite o luxo de non conceder ningún mérito aos asistentes a efectos académicos e administrativos. É un espazo de aire fresco, xerado pola ilusión dos participantes. Como materiais entregouse : unha carpetiña con dous folios brancos, unha folla informativa cos horarios do programa, un caderno de cancións e un paraugas. As dúas noites organizouse unha cea de confraternización, complementada coas cancións que acompañaba a guitarra de Isidro.

No meu parecer destaco especialmente a charla de Juan Freire. profesor da Universidade de A Coruña.

Rematouse o encontro coa entrega de diplomas honoríficos ;-) e sorteouse unha pizarra dixital auténtica, made in Galiza.

Como colofón, os participantes convertíronse automaticamente en socios de Aulablog, e poderán disfrutar dos seus servizos ao menos durante un ano.

O próximo encontro, o IV, será en Getxo, e animo a participar a todo aquel e aquela que teña ilusión nisto dos blogs, wikis... e lle guste algo a festa. Seguro que coñece xente encantadora cun montón de cousas en común. Síguenos en Twiter-Twemes.

0 comentarios