Razóns para o uso do software libre nas aulas
1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.
2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.
3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.
4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.
5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)
6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".
Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.Conceptos xerais sobre o software libre.
Dez vantaxes do software libre e propietario
Argumentos a favor do software libre nas aulas
"A vantaxe da liberdade" artigo de Enrique Dans na revista PC actual
Richard Stallman, o pai do software libre, nunha entrevista na revista Eroski de novas tecnoloxías.
Vídeo de R. Stallman sobre o software libre nas escolas.
Outra conferencia de R. Stallman
Para rematar, un resumo de 3 artigos anteriores, en lingua galega.
0 comentarios