Blogia
Recursos educativos para mestres

Convivencia: experiencia no CEP Zamakola (Mariasun Olano, Bilbao)

Este fin de semana asistín a unha charla impartida por Mariasun Olano, directora do CEP Zamakola, de Bilbao. É de agradecer o entusiasmo que esta experimentada educadora conseguiu transmitir na exposición dun proxecto de convivencia levado a cabo no seu colexio e que acadou varios premios a nivel nacional, entre eles o premio ás boas prácticas de convivencia 2006 do Ministerio de Educación.

O CEP de Zamakola sitúase nun barrio periférico de Bilbao, con 600 alumnos e 50 profesores... O proxecto estrutúrase en 3 partes: coidamos o contorno, coidamos as persoas, coidamos as relacións. Destacan aspectos como o coidado do medio físico, a escola aberta ó barrio, consenso de normas, o patio como espazo educativo, a mediación (adostoki e mediadores),etc.

  

http://www.ordiziagune.net/jeitsi/anizta/BiziGaitezenElkarrekin.doc

Participación de Mariasun Olano nun programa en Radio Euskadi

Un resumo do proxecto en http://www.icii-bilbao.org/zamakola.htm

Un pequeno artigo de prensa en .pdf

Un artigo en Deia.com que explica o papel dos mediadores

0 comentarios