PREESCOLAR NA CASA - EDUCAR EN FAMILIA
O programa "Preescolar na casa-Educar en familia" é o froito dunha iniciativa conxunta das consellerías de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e mais de Educación e Ordenación Universitaria que parte da premisa fundamental da importancia da familia no desenvolvemento integral do neno.
Persegue proporcionar ás familias galegas con nenos menores de seis anos a formación e orientación necesaria para enriquecer e, no seu caso, mellora-la educación dos seus fillos/as e, ó mesmo tempo, consolida-la aprendizaxe e normalización da lingua galega dende o contexto familiar.
Un programa de formación de pais e nais co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos fillos a través da reflexión sobre o acontencer da vida diaria.
2 comentarios
Mónica -
Mónica -
E non sigo que este tema...