Blogs: algunhas aplicacións educativas
Unha definición breve: Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line (Wikipedia galega).
Os blogs, dentro do campo educativo, poden ser de varios tipos:
1. Blogs de centro:
Ceip A Rúa : participamos todos, con blogs de aula e profesores, rexístrase unha memoria das actividades máis significativas realizadas no centro.
2. Blogs de aula:
Participa máis o alumnado: un exemplo de blogs de prensa-escola, e aquí listado de blogs gañadores no curso anterior.
3.Blogs de profes, con repositorio de recursos:
O Blog de Pilar, con recopilatorio de actividades de matemáticas para 3º ciclo.
Recursos para nuestra clase, blog con recursos para o 2º ciclo de primaria, clasificados por materias.
Recursos TIC no 3º ciclo de primaria, de Alberto Armada, recursos para 3º ciclo clasificados por materias.
CEIP Quinta Porrúa: máis recursos.
WIKI Capileiraticrecursos: outra forma de organizar recursos.
GenMagic.org : con repositorio de recursos.
4. Blogs de biblioteca:
Bibliotecadocole: un bo blog de biblioteca do colexio.
O recanto de Mik: outro excelente blog de biblioteca.
5. Blogs do departamento de orientación:
CEIPs Otero Pedrayo e Mestres Goldar
Guía de información académica e profesional (blog IES García Barbón, Verín)
E así pódese ampliar a clasificación con blogs de ciclos, de áreas, de materias, de dinamizacións, equipos, departamentos...
Para ver máis temos unha clasificación e listado amplo na convocatoria do II premio de edublogs 2008, convocados pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.
2 comentarios
Alberto Armada -
Grazas pola mención do meu blogue Recursos TIC no 3º ciclo de primaria.
Gustaríame que corrixises o meu nome.
Saúdos e parabéns polo teu blogue.
Meninheira -
Um biquiñoooo