Un saúdo amigote:
Grazas por acordarte de nós. Onte mesmo e hoxe tamén tiña decidido chamarte por teléfono para saudarte e felicitarte, pero xa vés , ó final andiven dando voltas dun lado para outro e a chamada quedou sen facer. Non pasa nada, se non é hoxe será mañán ou outro día. Espero que non te quedes conxelado no medio deses abismos xélidos. Xa sei que non, Andrea é un sol radiante e ás veces abrasador que seguro te fará suar máis que unha febre de 42 graos. Así, que acórdate, beber bastante para non deshidratarse. E a ver se deixas algo para traer de volta.
Verémonos un día calquera, para o entroido, ou para a lamprea... Con respecto ó ano que ven... paciencia, tranquilidade, o mundo non se fixo en dous días e tampouco se vai desfacer noutros dous... Se entendeses de fútbol saberías que os grandes equipos dominan por ciclos... unha vez foi o MAdrid, agora é o Barcelona... e se o mundo segue xirando volverá o Madrid a ter os seus días de gloria... así que paciencia... séntate de vez en cando á beira do río e contempla a auga pasar... vaise, manseniñamente ou á presa, a auga limpa e cristalina, pero tamén a auga podre e pestilente... e se souberas de matemáticas e de infinitudes, saberías que algún día esa mesma auga volverá a pasar por ese mesmo río, ou o que quede del... Paciencia (e un sorriso de vez en cando), sempre meténdonos presa, que si o último modelo de auto é o que máis mola, que se o último ordenador, que si o último... sempre á presa tras vanas (ou non??) ilusións...
É tarde, así que toca divagar e sentarse nesta inmensa infinitude. Unha aperta dos teus amigos Dori e Xose.

0 comentarios