O discurso político de Mario Moreno, Cantinflas, é antigo (como a película de 1966), pero eterno. Nota lingüística: Saltarse a barda (o seto) significa en México ter un éxito inesperado, conseguir un bo resultado
.
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.
Benvidos/as ao novo curso 
A CEOU vén de publicar o primeiro boletín do curso académico 2007-2008 . A destacar:
A publicación "O proceso de adaptación. E ti... vas á escola?" dirixida á etapa de educación infantil.
O "Catálogo de recursos educativos ", co material ofrecido por diferentes ONGD, organizado en varias áreas temáticas como educación en valores, medio ambiente, infancia, etc.
Recordaros que para este novo curso os centros de primaria deben actualizar a seguinte documentación:
. Programacións do 1º ciclo de primaria, para adecualas ó Decreto 130/2007
. Elaborar o proxecto lector do centro
. Elaborar o plan de introdución das TIC
. Elaborar o plan de convivencia e constituír o Observatorio da Convivencia Escolar (Decreto 85/2007)
. Proxecto lingüístico do centro (Decreto 124/2007)
Orde do 9 de abril de 2007 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2007/2008, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Decreto 85/2007 , do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar
Decreto 130/2007 , do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria
Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na educación primaria na CCAA de Galicia
Anteproxecto do Decreto de Educación Infantil (Setembro 2007)
Decreto 124/2007, n do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo
Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes (dinamización de proxectos específicos: biblioteca, convivencia escolar, TIC, normalización lingüística, mellora da calidade educativa, programas internacionais, apoio á xestión económica do centro)
Neste boletín destacamos:
1. A publicación do Anteproxecto do Decreto de educación infantil
2. Unha presentación en diapositivas desenvolvendo o concepto de COMPETENCIAS BÁSICAS
3. A resolución definitiva das axudas para ordenadores
| |
Algunhas das claves da súa eficiencia educativa.
Os seus resultados na educación primaria e secundaria encabezan tódolos rankings comparativos. Superan a outros sistemas educativos en Europa, en América, en Asia ,…
Continúa en Mikel Aguirregabiria
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pon en marcha este portal de escolas infantís con novas actualizadas. Destacamos tamén os recursos educativos que ofrece así como a información nutricional.
Recollido unha vez máis no blog de Miguel Aguirregabiria
O discurso político de Mario Moreno, Cantinflas, é antigo (como a película de 1966), pero eterno. Nota lingüística: Saltarse a barda (o seto) significa en México ter un éxito inesperado, conseguir un bo resultado
.
Na educación infantil é fundamental adquirir compromisos cos menores e aprender a respectalos

Rabietas, arrebatos ante calquera negativa, esixencias, caprichos... Quen non viu nalgunha ocasión un conflito protagonizado por un neno e os seus pais? Trátase dun tira e afrouxa no que cada cal intenta pór os seus límites, aínda que, loxicamente, se se fala de educación son os proxenitores quen teñen que conservar a calma e tomarse en serio a tarefa. Pero, como? que estratexia deben seguir? Educadores e psicólogos aconsellan marcar certos límites desde o primeiro momento para despois ir creando hábitos, xa que a existencia dunhas normas achega seguridade aos nenos.
Versión traducida ao galego con Opentrad.imaxin
Emilio Calatayud é un xuíz de Menores de Granada famoso polas súas sentenzas orixinalmente educativas, instrutivas, sinxelas, proporcionais e eficientes.
Interesante a súa análise sobre menores, familia, sistema educativo e xustiza. Dura 19 minutos pero vale a pena velo. Agradécese o seu sentido do humor.
Outros vídeos do Xuíz de Menores no programa Línea 900 Emilio Calatayud Pérez: 1 | 2 | 3 | 4.
INFORMACIÓN PARA O PROFESORADO
Recóllense unha serie de documentos de interese para o profesorado:
- Plan TIC.
- Proxecto lector.
- Proxecto lingüístico de centro (guía práctica)
- Proxecto lingüístico de centro (planificación)
- Plan de anticipación da primeira lingua estranxeira.
- Competencias básicas.
- ... etc.
| Para 2008, o orzamento do MEC ascende a 6.517 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,85% con respecto ó ano anterior. Destas partidas, 2.830 millóns de euros destínanse a Educación e 3.600 millóns de euros a I+D+i. As partidas para financiar a aplicación da LOE suman máis de 630 millóns e as bolsas e axudas ó estudo superan os 1.245 millóns | |||||
Move o cursor do rato dentro da piscina e que non te colla o tiburón!
www.sharkbreak.com