Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.
02/10/2007
Orientarse con internet 2007/2008
Dende o IES García Barbón, en Verín, Ourense, Daniel Veiga achéganos unha morea de recursos de orientación académica e profesional a través do uso de internet e a web 2.0.
03/10/2007
Xa falta pouco para o lanzamento da Ubuntu 7.10
08/10/2007
Coeducación: recursos do Servizo Galego de Igualdade
O Servizo Galego de Igualdade ten publicadas na súa web un conxunto de unidades didaćticas para traballar co alumnado o tema da coeducación e a prevención da violencia de xénero. Destacamos:
1. "A IGUALDADE COMO SOLUCIÓN", unha unidade didáctica para traballar en infantil e primaria os valores da igualdade.
2. "pREVIR dende a casa. guía para promover as relacións de paz e equidade"
3. EDUCAR PARA PREVI-LA VIOLENCIA DE XÉNERO. GUÍA PARA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
O resto dos materiais no enlace do SGI. (Publicacións-Coeducación)
Convivencia: experiencia no CEP Zamakola (Mariasun Olano, Bilbao)
Este fin de semana asistín a unha charla impartida por Mariasun Olano, directora do CEP Zamakola, de Bilbao. É de agradecer o entusiasmo que esta experimentada educadora conseguiu transmitir na exposición dun proxecto de convivencia levado a cabo no seu colexio e que acadou varios premios a nivel nacional, entre eles o premio ás boas prácticas de convivencia 2006 do Ministerio de Educación.
O CEP de Zamakola sitúase nun barrio periférico de Bilbao, con 600 alumnos e 50 profesores... O proxecto estrutúrase en 3 partes: coidamos o contorno, coidamos as persoas, coidamos as relacións. Destacan aspectos como o coidado do medio físico, a escola aberta ó barrio, consenso de normas, o patio como espazo educativo, a mediación (adostoki e mediadores),etc.
http://www.ordiziagune.net/jeitsi/anizta/BiziGaitezenElkarrekin.doc
Participación de Mariasun Olano nun programa en Radio Euskadi
Un resumo do proxecto en http://www.icii-bilbao.org/zamakola.htmUn pequeno artigo de prensa en .pdf
Un artigo en Deia.com que explica o papel dos mediadores
09/10/2007
Convivencia: no CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense)
No CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense) levouse a cabo o programa "Eu tamén son diferente... e que?", onde se recollen as actividades desenvolvidas e os contos elaborados polos nenos e nenas do colexio.

Efrén é a mascota do CEIP de Toén .
Un recurso moi utilizado:
17/10/2007
Un pouco de política
O programa de Televisión Española Tengo una pregunta para usted contou o martes á noite coa presenza dos políticos Josep-Lluís Carod-Rovira, presidente de ERC; Josep Antoni Duran i Lleida, voceiro de CiU no Congreso español, e Gaspar Llamazares, coordinador xeral de IU.
Todas as intervencións do programa pódense ver na canle de TVE en YouTube.
Recollido en Vieiros.com
Vivamos como galegos!
Un anuncio publicitario para a mellora da autoestima
18/10/2007
Pola liberdade nas TICS
Dedicado ós enganchados en Microsoft (que non che tomen o pelo)
a) Aos que entenden:
1. Microsoft mola, e unha marca que dá autoestima a quen a usa, tipo Ferrari, Polaris World, etc...2. E ademais non hai que gastar un duro, fácil de piratear...
3. E tira ben, vale pa chatear, gravar dvds, xogar e o que faga falta.
b) Aos que non entenden:
5. Perdón... eu non entendo de informática... é o que me poñen no plato e algo terei que comer...
6. Foi o que me ensinaron, hai algo distinto?
Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon xa se pode descargar
E vai sendo hora de pasar tamén do Microchof Word (que non che tomen o pelo)
Infancia musical... (Para Elisa de Beethoven)
19/10/2007
Educación sexual para nenos e nenas con Pabliño e Virxinia
Teñen a virtude de seren moi didácticos.
PABLIÑO E VIRXINIA 2. COMO SE FAN OS NENOS?
PABLIÑO E VIRXINIA 3. A FECUNDACION
PABLIÑO E VIRXINIA 4. FACER O AMOR
PABLIÑO E VIRXINIA 5. O EMBARAZO
PABLIÑO E VIRXINIA 6.O PARTO
O vídeo combinado con outras ferramentas está chamado a ser un dos principais protagonistas da web educativa.
Publicado en Aulablog21
WebQuests para Primaria
1. O ciclo da auga (2º Ciclo de Primaria) (Paqui Delgado).

2. A convivencia na escola (2º Ciclo de Primaria) (Paqui Delgado).
Recollidas en CEIP-TIC (Pedro Corchado)
25/10/2007
Videos con xogos cooperativos en You Tube
Videos absolutamente fáciles de levar á aula.
(A cooperación sairá ben se o estado do grupo chegou a un certo nivel de maduración. Se pretendemos que cooperen cando non traballamos suficientemente o coñecemento, a autoestima, a comunicación, a distensión, ... o resultado pode ser unha catástrofe. Pero todo chega se a práctica é a adecuada.)
Recollido en Educarueca, poderás atopar moitos máis vídeos.
30/10/2007
Materiais para a Mellora da Convivencia Escolar (Junta de Andalucía)

Instrucións sobre a constitución do observatorio da convivencia
Díctanse instrucións para a aplicación do Decreto 85/2007 , do 12 de abril, sobre a constitución do Observatorio da Convivencia Escolar no Centro.
Recollen as funcións, composición e proceso constitutivo deste órgano en cada centro educativo, así como indicacións para a elaboraión e implementación do Plan de Convivencia do Centro.











