Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007.
05/11/2007
16 videotitoriais de Ubuntu
Se xa estás maduro/a para asumir a túa liberdade no campo da informática, preséntoche un bo lugar para comezar:

Na seguinte ligazón: http://one.revver.com/collections/show/284299/ podemos atopar 16 videotitoriais de Ubuntu de case media hora de duración cada un. Os vídeos explican desde a instalación, configuración do sistema, até o traballo gráfico e con terminal, os principais comandos, o uso do xestor de actualizacións de software, o escritorio Gnome, etc...
Recollido en Mancomun.org
Outra cousa: Desde Tuxapuntes.com ofrécennos este MANUAL SUPERNOVATO para TUNEAR a Ubuntu 7.10
13/11/2007
Dinamización lingüística
14/11/2007
Superdifícil
No blog da Biblioteca do IES Illa de Ons atopei este vídeo que nos anima a perderlle o medo ás novas tecnoloxías... Estache simpático 
16/11/2007
Premio ó mellor blog en español a unha avoa de Muxía
Anímate a visitar o seu blog amis95.blogspot.com
19/11/2007
Decálogo para criar un fillo delincuente
(Polo xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud)
1. Comece desde a infancia dándolle ó seu fillo todo o que lle pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro é del.
2. Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Espere a que sexa maior de idade para que poida decidir libremente.
3. Cando diga palabrotas, ríallas. Isto animarao a facer cousas máis graciosas.
O decálogo completo no seguinte enlace:
Tamén o temos aquí en presentación .ppt
21/11/2007
Nova campaña a favor dunha escola pública e laica
Os STES-I, CEAPA, o Sindicato de Estudantes e IU volven pedir que a Relixión saia do horario lectivo nos centros públicos

Máis información en
23/11/2007
Fernando Fernán Gómez. In memoriam.
Máis vídeos en You Tube
A illa das flores
Documental brasileiro que nos explica o qué é un "Ser humano" comparándoo con outros mamíferos, con tomates, porcos, diñeiro, lixo... e rematando cunha reflexión sobre a liberdade (unha palabra que o soño humano alimenta, que non hai ninguén que a explique nin ninguén que non a entenda). Vale a pena parar o noso mundo durante os 13 minutos que dura e velo. Ó volver a entrar no teu mundo verás que ás veces 13 minutos son un instante, e que en vez de perder 13 minutos terás a sensación de ter gañado un cachiño de eternidade (o tempo que non pasa, que non se perde, que permanece nalgún lugar da memoria, e que sempre te acompaña...).
Por xentileza de Íñigo

26/11/2007
Axudas a proxectos de fomento do uso do galego
No DOG no 227, do 23 de novembro, sae publicada a Resolución do 19 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego.
Ver os criterios de valoración dos proxectos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Xosé María Álvarez Blázquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu.









