Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2007.
10/07/2007
Dereitos humanos: informe 2007 de Amnistía Internacional
13/07/2007
Software educativo libre
Interesante enlace en Observatorio de software educativo libre, cunha recompilación para primaria.
Destacamos o JavaClic, TuxPaint, GCompris... e hai moitos máis.
Decreto 130/2007 (Currículo de Educación Primaria)
Publicado no DOG do día 9 de xullo de 2007.
Para o vindeiro curso académico 2007-2008 este Decreto afectará ás programacións do 1º ciclo de Educación Primaria.
Como principais novidades para o vindeiro curso débense incluír no proxecto educativo do centro o proxecto lector de centro e o plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tamén cobra especial relevancia o concepto de competencias básicas, ata un total de 8, que son:
Competencia en comunicación lingüística
Competencia matemática
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Tratamento da información e competencia dixital
Competencia social e cidadá
Competencia cultural e artística
Competencia para aprender a aprender
Autonomía e iniciativa persoal.
Edublogs 2007 en Ayerbe (Resumo)
En Ayerbe (Huesca) celebrouse a semana pasada un encontro onde participaron os máis destacados representantes da blogosfera educativa en España. No seguinte enlace recóllense vídeos e outros materiais do traballo realizado.
O fracaso escolar en España anda polo 30%
Asturias ofrece a menor taxa de abandono escolar, cun 14,9%, seguida do País Basco (16,5%) e Navarra (18,5%). Os resultados máis negativos para Baleares, cunha porcentaxe do 38,2%, Comunidade Valenciana (35,9%) e Canarias (35,2%).
En Galicia estamos no 24%
Un artigo para reflexionar en El Adarve (M.A. Santos Guerra)
(Un saúdo a Daniel)








