Blogia

Recursos educativos para mestres

Webquests, Miniquests e cazas do tesouro

Unha Webquest é unha actividade de aprendizaxe onde aos estudantes se lles presenta un escenario e unha tarefa, normalmente un problema para resolver ou un proxecto para realizar. Lévana a cabo empregando información de internet preseleccionada polo docente.

Entendo que é unha actividade modélica para que o alumnado acade unha competencia dixital e de tratamento da información, é dicir, que desenvolva habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento (Decreto 130/2007, do currículo de primaria).

Definición de webquest na wikipedia galega

Definición máis ampla na wikipedia en castelá

Antes de seguir imos con algúns exemplos concretos:

Exemplo para infantil: "Contamos con contos", elaborada por Beatriz Permuy Martínez

Para 1º ciclo de primaria: "Vamos al acuario", de Mª Aurora García Polanco

Para 2º ciclo, en Coñecemento do medio, "Os animais da granxa"

Para 2º e 3º ciclo: "O ciclo da auga", e outra máis sobre "O ciclo da auga", para 3º ciclo.

Para 3º ciclo de Primaria: "O día do teu nacemento", de Mario Aller.

Outra para 3º ciclo:  "O magosto"

Awikiescola: Webquests en galego, con exemplos clasificados por áreas.

edu.xunta.es/contidos,  máis webquests.

Volvemos outra vez ao marco teórico das webquests, con exemplificacións.

Que é unha webquest: www.webquest.es  Excelente páxina, especializada en webquests, conceptos teóricos e directorios de webquests.

Rede de centros avanzados tic : Moi boa, con presentacións explicando o que son as miniquests, as webquests e con exemplos.

Eduteka: Páxina centrada na aprendizaxe por proxectos. Como elaborar unha webquest de calidade e outras recomendacións. Moi boa.

Edutic: Describe paso a paso a elaboración dunha webquest. Con exemplos. Moi boa.

Edugaliza: Como facer unha caza do tesouro. Explicación detallada.

Nos seguintes lugares podes atopar directorios e recompilacións de webquests xa feitas.

Directorios de webquest: Recompilación de directorios onde atopar webquests.

Biblioteca de webquest de aula21: Máis exemplos de webquests

Outro repositorio de webquests en centrosavanzadostic.es

Finalmente, un lugar para publicar a túa propia webquest: PHPWebquest

O diario da escola: setembro 2008

A CEOU publica unha nova edición do xornal educativo. Ten máis de cen artigos publicados, recollidos das webs e dos xornais dos centros educativos agrupados por temáticas e catalogados en diferentes seccións con textos e imaxes de moi variada natureza e temática.

Dalle un coliño

Deixo por uns minutos as vacacións para inaugurar unha nova sección  Escola na casa  animado pola ilusión que transmiten un grupo de nais e pais para ofrecer unha educación de calidade aos seus meniños, en afectos e coñecementos, baseada na crianza natural e a escola na casa. Este interese foi alimentado por unha amiga, a autora do blog Dalle un coliño.

E xa son uns cantos participando no proxecto: meninheira, Janil, paideleo, os tartarouchos, LM, MartaSada, biriais,...  Entre todos achégannos un pouco de aire fresco para repensar a nosa maneira de ver a escola.

III Encontro de Edublogs en Compostela

O pasado fin de semana celebrouse o III Encontro de Edublogs en Santiago de Compostela, despois das experiencias anteriores de Roa de Duero e Ayerbe. Participaron no evento máis de 130 profesores de toda España. Merece destacarse o bo ambiente que envolve este acto, que se sae do típico Congreso aburrido organizado normalmente polas universidades, e que se permite o luxo de non conceder ningún mérito aos asistentes a efectos académicos e administrativos. É un espazo de aire fresco, xerado pola ilusión dos participantes. Como materiais entregouse : unha carpetiña con dous folios brancos, unha folla informativa cos horarios do programa, un caderno de cancións e un paraugas. As dúas noites organizouse unha cea de confraternización, complementada coas cancións que acompañaba a guitarra de Isidro.

No meu parecer destaco especialmente a charla de Juan Freire. profesor da Universidade de A Coruña.

Rematouse o encontro coa entrega de diplomas honoríficos ;-) e sorteouse unha pizarra dixital auténtica, made in Galiza.

Como colofón, os participantes convertíronse automaticamente en socios de Aulablog, e poderán disfrutar dos seus servizos ao menos durante un ano.

O próximo encontro, o IV, será en Getxo, e animo a participar a todo aquel e aquela que teña ilusión nisto dos blogs, wikis... e lle guste algo a festa. Seguro que coñece xente encantadora cun montón de cousas en común. Síguenos en Twiter-Twemes.

Podcast educativo: premios Tíralle da lingua 2008

Organizado pola AS-PG, entregáronse xa hai un mes os premios da edición 2008 do Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua.
Recollemos neste enlace, o 1º premio na categoría de Educación Primaria, concedido a Aaron Riadas Lahuerta, do Colexio Inmaculada de Santa Comba, que nos vai falar como presidente da Real Academia nun memorable discurso arredor dunha das palabras máis clásicas da nosa lingua (manda carallo!!).
O resto dos premios no seguinte enlace  Tíralle da lingua 2008

As escolas non deberían existir

Compártovos unha entrevista a Roger C. Schank, un dos principais investigadores mundiais en Intelixencia Artificial, Teoría da Aprendizaxe e na construción de entornos virtuais de ensino.

O Señor Schank non ten pelos na lingua á hora de criticar o sistema educativo, para facer boca uns retazos da entrevista:

"Los políticos nunca se han preocupado de educar realmente a los niños, ni nunca lo harán. Todos hablan de educación porque así consiguen votos, pero un electorado verdaderamente preparado haría preguntas difíciles a los políticos, y les complicaría la vida. Los votantes tontos son más fáciles de tratar. Más aún, los adultos tontos hacen los trabajos serviles, y los gobiernos siempre están preocupados por no tener suficientes trabajadores serviles, como los soldados, para cumplir sus órdenes. Los gobiernos represivos enseñan la verdad que quieren que conozcan los ciudadanos. Los gobiernos controlados por grandes empresas enseñan a los estudiantes a convertirse en empleados dóciles. No muchos gobiernos quieren realmente enseñar a los estudiantes a pensar por sí mismos...."

"La escuela ayuda a reforzar muchos malos comportamientos. No creo que los colegios deban existir. Los niños necesitan aprender en contextos más fáciles, que no sean tan traumáticos".

"... La escuela en casa arregla uno de los problemas importantes de los colegios: que los colegios y los profesores hacen que los niños se sientan mal consigo mismos."

Podedes ler enteira a entrevista aquí: http://www.kindsein.com/es/21/1/485/

Neste outro enlace temos un vídeo dunha entrevista de Eduard Punset a Roger Schank, en "Crisis educativa", un dos programas emitidos en Redes.

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o día 5 de xuño de cada ano, para estimular a concienciación sobre o ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O lema seleccionado para O Día Mundial do Medio Ambiente 2008 é Deixa o Hábito! Cara a unha economía baixa en Carbono, e proponnos reducir a nosa produción de CO2, principal causante do efecto invernadoiro e do quencemento glogal.

Na páxina do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) atoparás máis materiais informativos, e algúns vídeos, coma este cunha canción de Sting con imaxes e mensaxe, que pode servir de introdución e motivación ao tema.

Nos enlaces seguintes atópanse consellos para colaborar na mellora do medio ambiente:

Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.

Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.

Calcula as emisións de Carbono que podes aforrar

Para rematar temos uns xogos, para poñer a proba os coñecementos:

1. Para cuidar a illa de Honoloko.

2. Moitos máis xogos na web de Fundación Biodiversidad.

Dous modelos de migración ao software libre

Atopo dúas noticias que fan referencia a modelos de migración ao software libre:

1. No blogue de Rentalia, empresa adicada ao aluguer de casas de vacacións en España, explican o proceso  exitoso de migración desde unha plataforma de software privativo cara a unha solución libre con Ubuntu, OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird, Gimp, etc.. como substitutos do anterior software. Este  modelo básico, coas adaptacións precisas segundo a tipoloxía e tamaño dos centros, pode ser un exemplo para trasladar ás institucións educativas. (Recollido na web Mancomún.org)

2. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñon, visitou o pasado 22 de maio o IES Chan do Monte en Marín (Pontevedra), o centro de referencia na implantación de Sofware Libre nas TIC en Galicia, e destacou o interese de estender este proxecto a outros centros educativos. (Semella que algo se avanza :-).

Son dous modelos diferentes pero que se complementan e poden adaptarse segundo a tipoloxía dos centros. O primeiro exemplo, (o de Rentalia) semella máis fácil de impulsar en centros de menores dimensións (penso máis nos CEIP pero tamén nalgúns IES) e onde os docentes posúen en xeral menor formación técnica. O modelo do IES Chan de Monte é un ideal a acadar, especialmente nos centros de maiores dimensións e onde se precisa dunha infraestrutura máis complexa e de técnicos cualificados no centro.

Entrevista a Miguel de Icaza

Entrevista a Miguel de Icaza, un dos líderes da cultura do software libre, no diario Público.

 

Educación infantil para a saúde: E por que?

Trátase dun conxunto de unidades didácticas que atenden á educación infantil para a saúde, presentando os perigos da vida doméstica por medio de vídeos divertidos e de sinxela comprensión. Está dispoñible no Portal Galego de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Publicado no boletín nº 27 da CEOU)

Libro de lexislación de Primaria

A CEOU edita unha publicación que recolle a lexislación LOE de aplicación na educación primaria e que será enviada aos centros de Educación Primaria nos vindeiros días.

Contén:

1. Decreto 130/2007 do currículo de primaria

2. Orde do 23 de novembro de 2007 que regula a avaliación en educación primaria

3. Orientacións metodolóxicas por áreas

4. Avaliación diagnóstica


Acceder ao documento (3,9 Mb)

Revista VICUS

A revista VICUS está editada polo CEFORE de Vigo. O seu último número corresponde ao mes de xuño de 2007.

O obxectivo principal desta publicación é o de difundir todas aquelas experiencias educativas de aula ou de centro que se estean a desenvolver e que teñan un interese específico para o resto do profesorado.

Conta coas seccións seguintes: 1. Pensamento, 2. Experiencias premiadas, 3. Opinións do profesorado, 4. Bibliotecas escolares, 5. A pé de aula, 6. Reseñas bibliográficas, 7. Páxinas web.

Na súa última páxina figuran as normas para publicar artigos.

Ubuntu 8.04 LTS listo para descargar

En Consumer Eroski dan conta da noticia: "Ubuntu consolídase como alternativa a Windows"

En Cesarius.net, podes ver un resumo das principais características desta distribución.

Se estás dubidando en dar este salto, este pode ser un bo momento para facelo!

Tamén podes ver a nova en Vieiros  ...e no diario Público

En Genbeta.com temos uns consellos de posta a punto da nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron

En Ubuntu Life engádense algunhas suxestións máis.

En Barrrapunto.com publícase este enlace para configurar un servidor en Ubuntu (en inglés).

Aquí temos un vídeo titorial moi didáctico do proceso de instalación da nova versión de Ubuntu. Visto en ticblog, de Alberto Armada.

Curso de OpenOffice en galego

Páxina elaborada por José Troncoso, profesor dun IES en Vigo. Publica este curso de OpenOffice baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente. Está en lingua galega. Semella moi axeitado para traballar co alumnado. Noraboa!

http://www.troncoso.info/OOo/

Pizarras dixitais

As pizarras ou encerados dixitais interactivos (PDI ou EDI) comezan a verse nas escolas galegas. Hai varios modelos e marcas diferentes e con custos moi diversos.

En Ediga.net (Encerado Dixital Interactivo Galicia) recóllese a nova de que o Instituto Tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela conxuntamente co CEIP de Arzúa e Edugaliza.org deseñarán a primeira pantalla de baixo custo galega para os centros de ensino. Pódese ver neste documento PDI baixo custo feito en Galicia. De momento parécenme especialmente interesantes as seguintes pizarras de baixo custo, con tres posibilidades:

1. Pizarra con Wiimote (a pizarra ten un custo duns 60 euros, máis o ordenador e o proxector).

2. Ebeam projection

3. Interactive Camera-Projector System

Tamén en Ediga.net atopamos experiencias de aula de utilización de diversos recursos técnicos sinxelos e baratos que nos permiten utilizar unha PDI, e que podemos visualizar nos vídeos alí colgados.

Tamén hai que destacar o blog http://pizarradixital.nireblog.com/ onde podemos atopar varios vídeos sobre diferentes tipos de pizarras e o seu funcionamento, ademais dunha recompilación variada de actividades para traballar co alumnado.

Novas versións de distribucións Linux en Abril 2008

Algunhas das distribucións máis importantes e populares de Linux teñen programado liberar unha nova versión final do seu sistema durante este mes de abril. Hai uns días que saíu o novo de Mandriva, teremos Fedora 9 en apenas cinco días e en menos de dúas semanas veremos Ubuntu Hardy.

Noticia recollida e ampliada en Genbeta.com

Na web de muycomputer.com atopamos unha análise detallada de catro destas distros máis populares e extendidas.

O software libre popularízase no ensino

Recollido en Anosaterra diario

A Consellería de Industria acaba de publicar catro informes sectoriais sobre o uso do Software Libre no país: na PEME, na PEME TIC, nos centros de ensino non universitarios e nos concellos.

Esta publicación, realizada a través de Mancomun.org., recolle unhas conclusións e recomendacións xerais de cara ao futuro. Os informes dan idea da evolución ocorrida nos dous últimos anos no uso do Software Libre en Galiza. “Nos resultados percíbese que o aumento do uso deste tipo de software é constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores”, indica a Xunta de Galicia.

 

I Xornada de profesorado de educación primaria

A I Xornada de Profesorado de Educación Primaria celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o próximo 18 e 19 de abril.

Os obxectivos da xornada son analizar a situación do ensino primario na actualidade, coñecer e analizar o currículo de primaria e intercambiar inquedanzas, experiencias e propostas de interese para o profesorado de ensino primario.

Ver programa da Xornada

Letras Galegas 2008

A AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega) facilítanos unha Unidade Didáctica (publicada en Issuu) sobre Álvarez Blázquez elaborada por Mercedes Queixas. Esta U. D. recolle propostas de traballo para Educación Infantil e para os tres Ciclos da Educación Primaria.

(Noticia recollida no Recanto de Mik)

(Imaxe recollida en TIC no 3º ciclo, de Alberto Armada).

O ENDL do CEIP Quintela de Moaña publica unha escolma de enlaces web sobre o escritor, para o seu uso educativo.

Na web de Norberto temos un ano máis unha excelente recompilación de recursos (unidades didácticas, enlaces web...), onde destaca a proposta do Seminario Galán, con unidades didácticas en .pdf para educación infantil e cada un dos ciclos de educación primaria, así como actividades online en Jclic e LIM.

GNU/Linux e o software libre

"Gabriel Pérez,  presidente de Liberum Humanitas, capítulo de Free Culture do RUM, ofreceu unha conferencia sobre o poder de Linux e o software libre". É unha presentación de Slideshare, con 67 diapositivas. Unha excelente introdución -do mellor que coñezo- para coñecer e animar ao uso do software libre.

linus