Blogia

Recursos educativos para mestres

Razóns para o uso do software libre nas aulas

1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.

2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.

3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.

4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.

5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)

6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".

Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.

Conceptos xerais sobre o software libre.

Dez vantaxes do software libre e propietario

Argumentos a favor do software libre nas aulas

"A vantaxe da liberdade" artigo de Enrique Dans na revista PC actual

Richard Stallman, o pai do software libre, nunha entrevista na revista Eroski de novas tecnoloxías.

Vídeo de R. Stallman sobre o software libre nas escolas.
Outra conferencia de R. Stallman

Para rematar, un resumo de 3 artigos anteriores, en lingua galega.

Observar e comentar unha pintura (Profesor Potachov)

No blog do profesor Potachov ensínase cómo mirar un cadro e escribir un pequeno comentario sobre o mesmo. Para iso é necesario observar de maneira ordenada e sistemática unha serie de detalles importantes, os cales se explican neste documento a modo de guión. (Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria).


Ordenadores de baixo custo con Linux

No Blog "El Camarote" e publicado por José Luis Cabello: (Ver noticia ampliada)


"A aparición de ordenadores de baixo custo con Linux en Estados Unidos parece anunciar una tendencia que pode crecer e extenderse con rapidez, segundo informa Erica Ogg nun artigo en CNET News, no que dá cinco razóns para non temer usar estes equipos de menos de 200$, que sirven perfectamente para conectar a Internet e desenvolver as tarefas diarias da maior parte dos usuarios."

Algunhas innovacións nas TIC apuntan ó uso de tablets PC nas aulas (un por cada alumno/a), pero teñen un prezo considerable. Con esta alternativa sería moito máis viable esta idea.

Crise da educación

Artigo de José Saturnino Martínez, no diario El país, o día 14 de xaneiro do 2008., achega esta análise dende unha perspectiva sociolóxica, que en liñas xerais comparto.

"A curiosidade por explicar a traxectoria deses 14 nenos foi un dos motivos para que me especializase en socioloxía da educación. As conclusións, provisionais, ás que fun chegando son as seguintes. Os problemas escolares explícanse por diversos factores, pero, con diferenza, os máis importantes suceden fóra da aula. Por iso, os psicopedagogos nin son culpables nin achegan solucións milagrosas. Segundo o informe PISA, o 50% do rendemento educativo dos mozos explícase pola posición social da súa familia, un 18% pola composición socioeconómica das familias dos estudantes do centro educativo, e un 6% por características didácticas e organizativas dos propios centros escolares. O outro 26% queda sen explicación, e supoño que aí é onde entramos eses 14 nenos, é dicir, cando debatemos sobre como mellorar a educación desde dentro das escolas, estamos discutindo sobre o 6% do problema. Fálase moito de escola pública e privada, pero as diferenzas de rendemento entre estes centros débense á orixe socioeconómica dos estudantes. O fracaso escolar entre os fillos de universitarios é do 2%, mentres que entre os fillos de quen non teñen estudos é do 40%. Pensar que con mellor didáctica conseguiremos que ese 40% baixe ao 2% paréceme ben intencionado, pero pouco realista." (traducido ao galego por http://opentrad.imaxin.com/ )
 
O artigo completo pódese ler no enlace citado arriba.

30 de xaneiro: actividades para o día da Paz

O SGEP enviará unha Carpeta Didáctica ós colexios e institutos cunha unidade didáctica: "A obsesión armamentista: unha enfermidade mortal"; o cartel conmemorativo e un exemplar do Documental “Cultura de Paz”, a partir do día 22 de xaneiro.
 

Os blogues das bibliotecas escolares galegas achegan o seu manifesto, e un vídeo musical.

 

Intermón-Oxfam presenta unha proposta educativa con actividades para as etapas de educación infantil e primaria.

No blog de podemos atopar máis ideas. Unha delas é esta presentación O Reflexo da vida (pps) sobre unha historia india, que invita a reflexionar.

No blog Ensino en galego temos un xogo de preguntas e respostas sobre a Paz no Mundo. (Xentileza de Xosé Antón Vicente Rodríguez)

 

Máis propostas de actividades en

II Premio Espiral Edublogs08

 

A Asociación “Espiral, Educación y Tecnología”, convoca o II Premio de Edublogs 2008.

Este premio pretende:

  • Valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.

Aquí podes ver as Bases do Premio Espiral Edublogs 08

E aquí  os blogs que se van presentando.

Ánimo a todos e a todas que hai que facerse ver!!!

Virtual Barber Shop

Imprescindible usar auriculares... cousas das holofonías !

Reláxate no sillón e deixa que o barbeiro che corte o pelo...

Máis no blog de Bemoles en Binario

Materiais curriculares premiados polo CNICE

Podes atopar os distintos materiais premiados clasificados por áreas ou por etapas educativas.  

Especial de Nadal dende a CEOU

 A CEOU propón este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Nadal, entendida como un  feito social e cultural. Atoparedes información sobre esta celebración en Galicia e noutros lugares do mundo.

Convivencia nas aulas: monográfico en Educaweb

O portal Educaweb.com ven de publicar un monográfico sobre a Convivencia nas aulas.  Aquí podes atopar un feixe de artigos de interese sobre este tema.

 

Congreso "Internet na aula"


Se che interesa aprender sobre o uso das TIC na aula, esta é unha excelente oportunidade... sen moverte da casa!! Máis información aquí. 

Documental: Cultura de Paz

Documental: Cultura de Paz

O Seminario Galego de Educación para a Paz presenta o documental titulado "Cultura de Paz", no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro Sábado, día 15, ás 19:00 horas. A entrada é libre.
Logo do visionado e das intervencións institucionais haberá un viño de conmemoración e os asistentes recibirán unha copia do Documental.

Asus E3: un portátil curioso (e barato)

A publicidade ao descuberto (documental)

 

 Excelente vídeo educativo sobre as claves para entender críticamente as mensaxes publicitarias


Recollido en www.airecomun.com

Forges e o informe PISA


O ensino galego entre os seis mellores do Estado

A OCDE realiza periodicamente o informe PISA que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá.

O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses.

Máis información en:

E tamén nas novas da Xunta de Galicia

No xornal "elPeriodico.com" hai preguntas con respostas.


Axudas a proxectos de fomento do uso do galego

No DOG no 227, do 23 de novembro, sae publicada a Resolución do 19 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego.

Ver os criterios de valoración dos proxectos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Xosé María Álvarez Blázquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu.

A illa das flores

Documental brasileiro que nos explica o qué é un "Ser humano" comparándoo con outros mamíferos, con tomates, porcos, diñeiro, lixo... e rematando cunha reflexión sobre a liberdade (unha palabra que o soño humano alimenta, que non hai ninguén que a explique nin ninguén que non a entenda). Vale a pena parar o noso mundo durante os 13 minutos que dura e velo. Ó volver a entrar no teu mundo verás que ás veces 13 minutos son un instante, e que en vez de perder 13 minutos terás a sensación de ter gañado un cachiño de eternidade (o tempo que non pasa, que non se perde, que permanece nalgún lugar da memoria, e que sempre te acompaña...).


Por xentileza de ÍñigoGuiño

Fernando Fernán Gómez. In memoriam.

Máis vídeos en You Tube 

Nova campaña a favor dunha escola pública e laica

Os STES-I, CEAPA, o Sindicato de Estudantes e IU volven pedir que a Relixión saia do horario lectivo nos centros públicos

  Estas organizacións encabezan unha serie de colectivos que reivindican unha escola pública e laica. Tamén pediron a revisión dos acordos suscritos polo Estado español co Vaticano.  

Máis información en