Blogia
Recursos educativos para mestres

Concursos e premios

II Premio Espiral Edublogs08

 

A Asociación “Espiral, Educación y Tecnología”, convoca o II Premio de Edublogs 2008.

Este premio pretende:

  • Valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.

Aquí podes ver as Bases do Premio Espiral Edublogs 08

E aquí  os blogs que se van presentando.

Ánimo a todos e a todas que hai que facerse ver!!!

Keco e as aventuras da ecopanda

Keco e as aventuras da ecopanda é un xogo educativo en rede orientado a estimular a conciencia medioambiental do alumnado a partir da recolleita selectiva de residuos. 

No mes de setembro iníciase unha nova edición do concurso onde poden participar os nenos de 3º ciclo de primaria e de 1º de ESO.  


 

Publicado no boletín informativo nº 23 da CEOU 

Educación afectivo-sexual: concurso de WEBQUEST

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade convocan catro premios a webquest sobre educación afectivo-sexual dirixidas a alumnado de infantil, primaria e secundaria.

Os dous primeiros premios consisten nun ordenador portátil, e os dous segundos nunha PDA.

Os traballos deberán presentarse antes do 1 de maio de 2007.

CONCURSO DE WEBQUEST E DE LIBROS WEB COLABORATIVOS

Co gallo do Día das Letras Galegas 2007, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de webquest e outro de libros web colaborativos . Para iso, poñen a disposición de todo o profesorado e de todo o alumnado dúas ferramentas que permitirán elaborar os materiais obxecto da convocatoria sen ter apenas coñecementos informáticos.

 
Acceso ás bases.

 Máis información sobre o Día das Letras Galegas

 

 

Convocatoria axudas ordenadores (Xunta de Galicia)

3ª CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUMNADO PARA A ADQUISICIÓN DUN ORDENADOR PERSOAL
Esta 3ª convocatoria está dirixida a todo o alumnado da educación obrigatoria (primaria e secundaria), e as axudas concederanse por nivel de renda. O número de axudas ofertado son 10.000 a 300 € cada unha.

Mái s inf o rma c i ó n :
w w w . e d u . x u n t a . e s / axudasord

A semana da prensa (12 a 16 de marzo)

 

Prensa-Escuela convoca o concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, con motivo da celebración da 19ª semana da Prensa na Escola, que se celebrará do 12 ao 16 de marzo de 2007.

 

A páxina de La Voz de Galicia tamén conta cunha sección de blogs onde participan os alumnos e alumnas dos centros educativos. O gañador no mes de xaneiro , está especializado en actividades de animación da biblioteca escolar.

Concursos: Operación CAN

 

Operación CAN está coordinado pola Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA). Ao proxecto poden optar rapaces e rapazas de centros educativos galegos entre 1º de primaria e 4º da ESO que fagan unha ou máis cancións en galego relacionadas coa protección do medio natural, animais e plantas. Poderán presentarse gravacións ata o 1 de maio de 2007.

Premio escolar Paz e Cooperación

 

PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2007

O MEU DEREITO A DECIDIR

 

Aquí podes atopar as Bases da Convocatoria.

 

III Certame Matilde Bares

 

Por se alguén se anima a escribir...

Podedes atopar as bases do concurso de relatos que convoca o CIM (Centro de Información da Muller, do concello de Bueu)