Blogia

Recursos educativos para mestres

Alimentación Sana: Decálogo

Decálogo da boa alimentación (Cartel para os nenos)

 

 

Decálogo para pais e nais , elaborado polo departamento de orientación. Son 2 páxinas en formato pdf.

 

Por último recollemos un completo documento en PDF sobre alimentación, na páxina da CEOU (Xunta de Galicia)


Convivencia: lecturas e reflexións

As comunidades de aprendizaxe como expertas en resolución de conflitos

Por Ramón Flecha García

 

As comunidades de aprendizaxe baséanse na transformación social e cultural dun centro educativo e o seu contorno, baseada na aprendizaxe dialóxica. Isto supón reorganizar todo, dende a aula ata a organización do propio centro e a súa relación coa comunidade, en base ó diálogo.

 

http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=436

III Certame Matilde Bares

 

Por se alguén se anima a escribir...

Podedes atopar as bases do concurso de relatos que convoca o CIM (Centro de Información da Muller, do concello de Bueu)

 

Revista Comunidad Escolar

 

A revista do Ministerio de Educación e Ciencia para manternos actualizados nas noticias de interese educativo.

XXII encontros de educación

 

XXII ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ:" EDUCAR PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS"

Envía o formulario e inscríbete

Data de Celebración: 1, 2 e 3 de Marzo.

Lugar de celebración: Xornalismo.

Horario: (ACCEDE Ó PROGRAMA PROVISORIO PARA VER OS HORARIOS DE CADA DÍA).

HOMOLOGADO cun crédito de libre configuración pola USC.

 

Súmate á convivencia escolar

 

FETE-UGT e Fundación Telefónica presentan o programa SÚMATE Á CONVIVENCIA.

Conta con grande cantidade de recursos online para a comunidade educativa (recursos multimedia, plans de convivencia, programas...)

 

Curso do MEC sobre Linux (Ubuntu) e software libre

Curso moi completo e moi ben estruturado. Para tódolos públicos.

Formación do profesorado: CNICE

 

A páxina do MEC ofrece materiais e cursos de autoformación

e moitos máis...

Viño para principiantes. Curso de cata en podcast.

 

 

Ofrece un curso básico de cata. Se queres aprender a organizar o teu coñecemento de viños é un bo lugar para comezar.

 

Cando estés na páxina pulsa no botón

que verás no menú da dereita. Poderás escoitar unha serie de leccións básicas.

 

O entroido en Galiza

Especial de Entroido no Portal Galego de Contidos Educativos, da CEOU.

 

Plan Galego de Convivencia Escolar

 

 

Neste espazo, creado como unha das actuacións dentro do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar en Galicia, quérenselle ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz.



Como elaborar o plan de convivencia do centro

 

Gran cantidade de recursos didácticos para traballar na aula

Concurso viñetas. Contacontos.

O concello de Bueu organiza o I concurso de viñetas e ilustracións "A igualdade no traballo". Vai dirixido ós alumnos do 3º ciclo de Primaria (tamén para ESO e Bacharelato).

 

Aquí tendes as bases da convocatoria.

 


 

Estas viñetas foron enlazadas desde

http://www.faq-mac.com/bitacoras/todas/?p=57

Binta e a gran idea

 

Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea ó lado do río Casamance, no sur de Senegal, e vai ó colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ó seu pai, un humilde pescador que preocupado polo progreso da humanidade quere levar adiante unha idea que se lle ocurriu.

[A min emocionoume. En verdade que vale a pena velo, dura media hora, recomendo facer un aparte durante ese tempo e disfrutar co vídeo.]

Moi recomendable para que o vexan os nenos e nenas do cole.

 

Máis información en

 

Lexislación básica en primaria

Enlaces varios:

 

Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de 2006, de educación

 

RD Ensinanzas Mínimas 2º Ciclo de Educación Infantil

 

RD 1513/2006 de Ensinanzas Mínimas en Educación Primaria.

O próximo curso académico debe aplicarse no primeiro ciclo de Educación Primaria.

 

Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

Recompilación da lexislación educativa en Galicia. Páxina da Xunta.

 

O blog como recurso educativo

Coñecementos básicos para crear e manter o teu propio blog, en tinglado.net

 

Nocións básicas de navegación en internet

 

 

Outra ferramenta útil, flickrCC. Para coller fotografías en internet, editalas ó gusto, poñendo texto... e inserilas no blog.

 

 

Exemplo dun blog dos nenos dun colexio

 

A terra con 100 habitantes

A idea de reducir a poboación do mundo a unha comunidade de só 100 persoas, pero mantendo as proporcións de razas, sexos, culturas ou rendas, é moi suxerente, xa que che fai ver facilmente as desigualdades que existen nel.


Presentación con SLIDESHARE

 

Galicia encantada

 

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo na nosa memoria colectiva.

 

 

A educación en valores

Vídeo ilustrativo sobre a "educación en valores"





Selección de escenas dunha vella película italiana dos anos 50, protagonizada por Ugo Tonazzi.

Nesta pequena curtametraxe (de 6 minutos aproximadamente) vemos os "valores educativos" que un pai lle transmite ó seu fillo...

 

Cambio climático

Día 1 de febreiro de 2007, de 19:55 a 20:00,

5 minutos de silencio escuro.

 

Web 2.0 (Servizos destacados)

Eu engadiría algúns que faltan, tal como:

Portais de inicio: Netvibes

Compartir marcadores, favoritos...: Blinklist

Disco duro virtual: box.net

Compartir presentacións flash: Toongum