Blogia
Recursos educativos para mestres

Software libre

Linux conquista América Latina

Os gobernos suramericanos impulsan o uso de software libre fronte ao propietario buscando independencia tecnolóxica, seguridade e desenvolvemento local.

O aforro de diñeiro que supón non pagar licenzas polo uso de programas privativos non é o motivo principal do cambio. As razóns que dan os distintos Gobernos son:

1. A independencia tecnolóxica fronte ás empresas multinacionais,

2. A seguridade que ofrece o software libre ao permitir ver o seu código e,

3. O interese en desenvolver una industria informática local.

Ver noticia no diario

OpenOffice 3.0 en galego

Na web de Mancomún fanse eco do grande éxito de descargas de OpenOffice 3.0 

"Nun blogue oficial de OpenOffice.org dan conta da loucura de descargas desatadas, que provocou a caída do servidor o día do lanzamento, do que xa nos fixemos eco no seu día. O pico de descargas produciuse o día 14, con máis de 600.000, sendo o total acumulado da primeira semana máis de tres millóns de descargas e que na actualidade xa supera os 5 millóns."

Podedes descargalo en galego neste enlace na web de Mancomún.

Dous modelos de migración ao software libre

Atopo dúas noticias que fan referencia a modelos de migración ao software libre:

1. No blogue de Rentalia, empresa adicada ao aluguer de casas de vacacións en España, explican o proceso  exitoso de migración desde unha plataforma de software privativo cara a unha solución libre con Ubuntu, OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird, Gimp, etc.. como substitutos do anterior software. Este  modelo básico, coas adaptacións precisas segundo a tipoloxía e tamaño dos centros, pode ser un exemplo para trasladar ás institucións educativas. (Recollido na web Mancomún.org)

2. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñon, visitou o pasado 22 de maio o IES Chan do Monte en Marín (Pontevedra), o centro de referencia na implantación de Sofware Libre nas TIC en Galicia, e destacou o interese de estender este proxecto a outros centros educativos. (Semella que algo se avanza :-).

Son dous modelos diferentes pero que se complementan e poden adaptarse segundo a tipoloxía dos centros. O primeiro exemplo, (o de Rentalia) semella máis fácil de impulsar en centros de menores dimensións (penso máis nos CEIP pero tamén nalgúns IES) e onde os docentes posúen en xeral menor formación técnica. O modelo do IES Chan de Monte é un ideal a acadar, especialmente nos centros de maiores dimensións e onde se precisa dunha infraestrutura máis complexa e de técnicos cualificados no centro.

Entrevista a Miguel de Icaza

Entrevista a Miguel de Icaza, un dos líderes da cultura do software libre, no diario Público.

 

Ubuntu 8.04 LTS listo para descargar

En Consumer Eroski dan conta da noticia: "Ubuntu consolídase como alternativa a Windows"

En Cesarius.net, podes ver un resumo das principais características desta distribución.

Se estás dubidando en dar este salto, este pode ser un bo momento para facelo!

Tamén podes ver a nova en Vieiros  ...e no diario Público

En Genbeta.com temos uns consellos de posta a punto da nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron

En Ubuntu Life engádense algunhas suxestións máis.

En Barrrapunto.com publícase este enlace para configurar un servidor en Ubuntu (en inglés).

Aquí temos un vídeo titorial moi didáctico do proceso de instalación da nova versión de Ubuntu. Visto en ticblog, de Alberto Armada.

Curso de OpenOffice en galego

Páxina elaborada por José Troncoso, profesor dun IES en Vigo. Publica este curso de OpenOffice baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente. Está en lingua galega. Semella moi axeitado para traballar co alumnado. Noraboa!

http://www.troncoso.info/OOo/

Novas versións de distribucións Linux en Abril 2008

Algunhas das distribucións máis importantes e populares de Linux teñen programado liberar unha nova versión final do seu sistema durante este mes de abril. Hai uns días que saíu o novo de Mandriva, teremos Fedora 9 en apenas cinco días e en menos de dúas semanas veremos Ubuntu Hardy.

Noticia recollida e ampliada en Genbeta.com

Na web de muycomputer.com atopamos unha análise detallada de catro destas distros máis populares e extendidas.

O software libre popularízase no ensino

Recollido en Anosaterra diario

A Consellería de Industria acaba de publicar catro informes sectoriais sobre o uso do Software Libre no país: na PEME, na PEME TIC, nos centros de ensino non universitarios e nos concellos.

Esta publicación, realizada a través de Mancomun.org., recolle unhas conclusións e recomendacións xerais de cara ao futuro. Os informes dan idea da evolución ocorrida nos dous últimos anos no uso do Software Libre en Galiza. “Nos resultados percíbese que o aumento do uso deste tipo de software é constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores”, indica a Xunta de Galicia.

 

GNU/Linux e o software libre

"Gabriel Pérez,  presidente de Liberum Humanitas, capítulo de Free Culture do RUM, ofreceu unha conferencia sobre o poder de Linux e o software libre". É unha presentación de Slideshare, con 67 diapositivas. Unha excelente introdución -do mellor que coñezo- para coñecer e animar ao uso do software libre.

linus

Magasix linux v2.2 no IES Xulián Magariños

Manuel González Regal, desde o IES Xulián Magariños, vén de anunciar a dispoñibilidade do MAGASIX Linux v2.2, completamente estable e funcional, en galego e optimizada coas aplicacións máis útiles para os centros educativos. Manuel xa levou máis dun premio e é un dos principais impulsores do software libre en Galicia. Unha razón de peso para probala.

Crecemento espectacular do software libre en Galicia

Esta evolución resulta realmente espectacular nalgúns eidos como é o caso da PEME galega, onde se duplica o uso do software libre ou o caso dos centros educativos onde subiu dun 20% a un 65% en apenas dous anos.

Ver noticia ampliada na web de mancomun.org 

Devolución do imposto Windows!


Esixe a devolución do imposto Windows en http://devolucion.org. Por cada ordenador que compramos obrígasenos sen elección a pagar un imposto privado: o chamado "imposto Windows", que inclúe todo ese software innecesario valorado entre 100 e 300 Euros que practicamente sempre nos cobran sen elección dentro de prezo do noso ordenador.

A posición dominante de Microsoft non segue o interese público. Limita o mercado e ten freado o desenvolvemento tecnolóxico en prexuizo dos consumidores. En Agnix.org

Casado con Windows: as dificultades para cumprir coa Lei. O caso de Paco Rivière, en elmundo.es Navegante
 
Estratexia TIC na educación galega, no blog de Roberto Brenlla, asennadas

Non ao soporte a Windows!!

 Que pasaría se todos os que nos dedicamos á informática nos negáramos a darlle soporte aos Windows instalados que teñen: os nosos veciños, amigos, coñecidos, coñecidos de coñecidos…(e máis ós que son piratas)?

Windows non é fácil. Windows PARECE fácil porque os pringaos coma nós instalámoslles e configuramos todo. Facemos de soporte técnico de Microsoft. Fomentamos o seu uso. Fomentamos a piratería. Aínda que non o fagamos directamente, facémolo ao instalar un PC novo con Windows. Facémolo por instalar copias piratas de programa aos veciños cando nolo piden, ou por conseguirlles os programas que necesitan. Facémolo por dar consellos sobre Windows, ou por resolverlles problemas. Nós somos o “Windows é fácil”.
Noticia recollida en Sinergiatec Noticias

Entrevista a Miguel de Icaza (Software libre)

Video recollido no blog de Cesarius Revolutions, no cal Miguel de Icaza fala con propiedade acerca do proxecto Gnome, GNU/Linux e as súas vantaxes sobre Windows, pasando polo modelo de negocio primitivo de Microsoft e a irresponsabilidade dalgúns gobernos do Terceiro Mundo despilfarrando cartos por Sistemas Operativos Privativos tendo a opción de GNU/Linux diante dos seus fuciños.

Razóns para o uso do software libre nas aulas

1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.

2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.

3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.

4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.

5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)

6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".

Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.

Conceptos xerais sobre o software libre.

Dez vantaxes do software libre e propietario

Argumentos a favor do software libre nas aulas

"A vantaxe da liberdade" artigo de Enrique Dans na revista PC actual

Richard Stallman, o pai do software libre, nunha entrevista na revista Eroski de novas tecnoloxías.

Vídeo de R. Stallman sobre o software libre nas escolas.
Outra conferencia de R. Stallman

Para rematar, un resumo de 3 artigos anteriores, en lingua galega.

Ordenadores de baixo custo con Linux

No Blog "El Camarote" e publicado por José Luis Cabello: (Ver noticia ampliada)


"A aparición de ordenadores de baixo custo con Linux en Estados Unidos parece anunciar una tendencia que pode crecer e extenderse con rapidez, segundo informa Erica Ogg nun artigo en CNET News, no que dá cinco razóns para non temer usar estes equipos de menos de 200$, que sirven perfectamente para conectar a Internet e desenvolver as tarefas diarias da maior parte dos usuarios."

Algunhas innovacións nas TIC apuntan ó uso de tablets PC nas aulas (un por cada alumno/a), pero teñen un prezo considerable. Con esta alternativa sería moito máis viable esta idea.

Congreso "Internet na aula"


Se che interesa aprender sobre o uso das TIC na aula, esta é unha excelente oportunidade... sen moverte da casa!! Máis información aquí. 

Asus E3: un portátil curioso (e barato)

16 videotitoriais de Ubuntu

Se xa estás maduro/a para asumir a túa liberdade no campo da informática, preséntoche un bo lugar para comezar:

https://xosevidal.blogia.com/upload/externo-c7dfefa29de13fc69d42a5d94f4fcdaa.png

01.-Curso Ubuntu

Na seguinte ligazón: http://one.revver.com/collections/show/284299/ podemos atopar 16 videotitoriais de Ubuntu de case media hora de duración cada un. Os vídeos explican desde a instalación, configuración do sistema, até o traballo gráfico e con terminal, os principais comandos, o uso do xestor de actualizacións de software, o escritorio Gnome, etc...

Recollido en Mancomun.org

Outra cousa: Desde Tuxapuntes.com ofrécennos este MANUAL SUPERNOVATO para TUNEAR a  Ubuntu 7.10

Pola liberdade nas TICS

Dedicado ós enganchados en Microsoft (que non che tomen o pelo)

a) Aos que entenden:

1. Microsoft mola, e unha marca que dá autoestima a quen a usa, tipo Ferrari, Polaris World, etc...

2. E ademais non hai que gastar un duro, fácil de piratear...

3. E tira ben, vale pa chatear, gravar dvds, xogar e o que faga falta.

b) Aos que non entenden:

5. Perdón... eu non entendo de informática... é o que me poñen no plato e algo terei que comer...

6. Foi o que me ensinaron, hai algo distinto?

Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon xa se pode descargar

caratula-ubuntu-gutsy-gibbon.png

Descarga | Ubuntu.
Descarga | Kubuntu.
Descarga | Edubuntu.

E vai sendo hora de pasar tamén do Microchof Word (que non che tomen o pelo)

Descárgate a imaxe do CD co OpenOffice.org 2.3.0 en galego