Blogia
Recursos educativos para mestres

Software libre

Xa falta pouco para o lanzamento da Ubuntu 7.10

ALgunhas das súas novas características no seguinte enlace:


Código GNU/Linux (Documental)

Recollo en Eduvlogs "Código GNU/Linux", un excelente documental que sirve para entender a importancia do Software Libre e do sistema operativo do pingüín. Nel aparece Richard Stallman e nárrase a vida de Linus Torvalds. Duración: 51:16.



Software educativo libre

Interesante enlace en Observatorio de software educativo libre, cunha recompilación para primaria. 

Destacamos o JavaClic, TuxPaint, GCompris... e hai moitos máis. 

Metáfora da carne e o peixe

 No seguinte enlace reprodúcese unha metáfora divertida acerca do software libre.


Get Ubuntu

HacheMuda é o creador deste video

Máis vídeos en you tube

Software libre: máis razóns para o uso na escola


Fragmento da intervención de Richard Stallman na Universidade de Palma de Mallorca no 2004.


Por que as escolas deberían usar só software libre (texto da conferencia de Richard Stallman)

Software Libre: consciencia de libertad por Julian Coccia, presidente de Linux Español e fundador do Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica

Software Libre e Software Privativo - Dous modelos de ensinanza , Por Sergio Belin y Federico Heinz

Máis información en www.educacionenvalores.org 

Martin Varsavsky: probando Ubuntu

"Baixar software libre é como ir a un supermercado onde todo é gratis, o pan é gratis, os ovos son gratis, o aceite é gratis... É increíble o traballo que fixo a comunidade do software libre regalándolle a todo o mundo as súas horas de traballo e o seu diñeiro para que todos poidamos usar isto gratis.... é impresionante, impresionante. É unha experiencia increible, porque ademais non che preguntan quen eres, non che piden que te rexistres, non che piden o teu correo electrónico para encherte de spam... É un mundo utópico realmente, non se pode crer que haxa tanta xente que fixese tantas cousas para que todo o mundo as reciba gratis" Martin Varsavsky
 
Un vídeo explicativo da primeira experiencia con Ubuntu.

 

 

Software libre e software propietario

Porque o primeiro son os Principios...

Un usuario dun ordenador pode escoller no mundo do software entre dúas opcións básicas: a) Utilizar software propietario, basicamente da multinacional Microsoft (windows, office...), ou b) Utilizar software libre, elaborado por unha comunidade de persoas que achega desinteresadamente este produto á rede para o disfrute de tod@s.

Esta elección faise a miúdo de xeito inconsciente, por imposición, xa que grazas ó monopolio de Microsoft no mercado case tódolos ordenadores veñen co seu sistema operativo instalado. O descoñecemento conduce a aceptar aquilo que nos dan imposto como se fose a única opción posible. Unha vez atrapados nesa rede adquírense uns hábitos difíciles de cambiar.

Como usuarios de software propietario (windows, office...) pasamos a formar parte da plantillla laboral de Microsoft. Dunha gran empresa privada. Traballamos para a gran empresa: comprando o seu software, utilizándoo, axudando ós nosos compañeiros a fidelizarse (axudámoslles a usar o word, o explorer, o windows, a arranxarlles os seus atrancos...). E traballamos gratis, ¡que gran cantidade de capital posto ó servizo de Microsoft, da empresa privada, e sen que a empresa gaste un duro neste exército de traballadores! Os piratas neste sistema non son máis ca voitres que viven da rapina.

Como usuarios do software libre (linux, firefox, openoffice...) pertencemos a unha gran comunidade que pon na rede este software e que o utiliza gratuitamente, sen dar explicacións, sen rexistros, sen publicidade,.... Traballamos para toda a comunidade, desinteresadamente, solidariamente, con sentido ético... ofrecendo o noso coñecemento e obtendo a cambio o coñecemento dos demais.

Como educadores formados podemos elixir entre dous sistemas de valores.

Ubuntu: revista en galego (Full Circle)

Feisty Fawn 7.04 xa está aquí!!


ubuntuorange.jpg

 

O 19 de Abril lanzouse Ubuntu 7.04 (Feisty Fawn).

Anímate e… descárgao! . Tamén o podes pedir para que che manden un CD á casa . Por último, podes actualizar dende a túa versión anterior de Ubuntu.

Vía: Cesarius.net

LINEX: software libre e educativo en Extremadura

Beryl (xestor de ventás en Linux)

Software libre: entrevista a Manuel Morán (IES Chan do Monte)

“O ensino público no canto de dedicarse a ser un actor de dinamización do desenvolvemento de Galicia estamos a ser unha academia de Software Privado. Seguir facéndolle o xogo ás compañías comprando o seu software e formando gratis a alumnos no seu produto custa moito diñeiro e non me parece xusto nin un bo xeito de gastar o diñeiro dos contribuíntes.”


Publicado en http://www.mancomun.org

Curso do MEC sobre Linux (Ubuntu) e software libre

Curso moi completo e moi ben estruturado. Para tódolos públicos.

Ubuntu Linux

Un vídeo explicativo

 

Artigo en Consumer.es

Titoriais detallados, excelente sitio para comezar


 

Outro artigo na páxina do CNICE

 

Software libre


Recursos TIC, de software libre, enlaces web...


Razóns para deixar de utilizar Internet Explorer

 

http://www.paraisoft.com

Portal para baixar o software libre básico máis utilizado


http://www.cd-libre.org

Recompilacións moi completas de software libre agrupado por temas, tamén de software educativo

 

¡Sé legal!

 

Programas alternativos en software libre

 

Alternativas de software libre en educación