Se muestran los artículos pertenecientes al tema Convivencia.

29/02/2008

Revista Saudiña nº 14

O Plan Valora quere potenciar a educación en valores democráticos, canalizada a través de diversos ámbitos de actuación como son : a educación para a igualdade de homes e mulleres; a convivencia, cidadanía e cultura de paz; a interculturalidade; o medio ambiente e desenvolvemento sostible; a educación viaria; o consumo responsable; o lecer; a saúde e o medio mariño.
Ven de publicarse o nº 14 da revista Saudiña , instrumento de difusión das experiencias que se levan a cabo, e que neste número dedica varios artigos ao tema da convivencia (resolución de conflitos, mediación entre iguais...)

29/02/2008 21:53 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

18/12/2007

Convivencia nas aulas: monográfico en Educaweb

O portal Educaweb.com ven de publicar un monográfico sobre a Convivencia nas aulas.  Aquí podes atopar un feixe de artigos de interese sobre este tema.

 

18/12/2007 20:49 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

13/12/2007

Documental: Cultura de Paz

20071213101459-aa.jpg
O Seminario Galego de Educación para a Paz presenta o documental titulado "Cultura de Paz", no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro Sábado, día 15, ás 19:00 horas. A entrada é libre.
Logo do visionado e das intervencións institucionais haberá un viño de conmemoración e os asistentes recibirán unha copia do Documental.
13/12/2007 10:08 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

19/11/2007

Decálogo para criar un fillo delincuente

(Polo xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud)

1. Comece desde a infancia dándolle ó seu fillo todo o que lle pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro é del.

2. Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Espere a que sexa maior de idade para que poida decidir libremente.

3. Cando diga palabrotas, ríallas. Isto animarao a facer cousas máis graciosas.

O decálogo completo no seguinte enlace:

Tamén o temos aquí en presentación .ppt

19/11/2007 21:50 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

30/10/2007

Instrucións sobre a constitución do observatorio da convivencia

Díctanse instrucións para a aplicación do Decreto 85/2007 , do 12 de abril, sobre a constitución do Observatorio da Convivencia Escolar no Centro.

Recollen as funcións, composición e proceso constitutivo deste órgano en cada centro educativo, así como indicacións para a elaboraión e implementación do Plan de Convivencia do Centro.

30/10/2007 17:19 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

Materiais para a Mellora da Convivencia Escolar (Junta de Andalucía)

A Junta de Andalucía elaborou un excelente conxunto de materiais, a partir de experiencias xa consolidadas de boas prácticas de convivencia. O obxectivo é que sirvan de proposta aos centros educativos e que poidan adaptarse á realidade concreta de cada un.

portada

Acceder

Recollido no Blog El acoso escolar
30/10/2007 12:54 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

25/10/2007

Videos con xogos cooperativos en You Tube

Videos absolutamente fáciles de levar á aula.

(A cooperación sairá ben se o estado do grupo chegou a un certo nivel de maduración. Se pretendemos que cooperen cando non traballamos suficientemente o coñecemento, a autoestima, a comunicación, a distensión, ... o resultado pode ser unha catástrofe. Pero todo chega se a práctica é a adecuada.)

Recollido en Educarueca, poderás atopar moitos máis vídeos. 

25/10/2007 23:04 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

09/10/2007

Convivencia: no CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense)

No CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense) levouse a cabo o programa "Eu tamén son diferente... e que?", onde se recollen as actividades desenvolvidas e os contos elaborados polos nenos e nenas do colexio.

Efrén é a mascota do CEIP de Toén .

Un recurso moi utilizado:

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz. Contos Solidarios percorreu máis de cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica….
09/10/2007 00:33 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

08/10/2007

Convivencia: experiencia no CEP Zamakola (Mariasun Olano, Bilbao)

Este fin de semana asistín a unha charla impartida por Mariasun Olano, directora do CEP Zamakola, de Bilbao. É de agradecer o entusiasmo que esta experimentada educadora conseguiu transmitir na exposición dun proxecto de convivencia levado a cabo no seu colexio e que acadou varios premios a nivel nacional, entre eles o premio ás boas prácticas de convivencia 2006 do Ministerio de Educación.

O CEP de Zamakola sitúase nun barrio periférico de Bilbao, con 600 alumnos e 50 profesores... O proxecto estrutúrase en 3 partes: coidamos o contorno, coidamos as persoas, coidamos as relacións. Destacan aspectos como o coidado do medio físico, a escola aberta ó barrio, consenso de normas, o patio como espazo educativo, a mediación (adostoki e mediadores),etc.

  

http://www.ordiziagune.net/jeitsi/anizta/BiziGaitezenElkarrekin.doc

Participación de Mariasun Olano nun programa en Radio Euskadi

Un resumo do proxecto en http://www.icii-bilbao.org/zamakola.htm

Un pequeno artigo de prensa en .pdf

Un artigo en Deia.com que explica o papel dos mediadores

08/10/2007 21:12 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

25/09/2007

As palabras dun xuíz de menores

Emilio Calatayud é un xuíz de Menores de Granada famoso polas súas sentenzas orixinalmente educativas, instrutivas, sinxelas, proporcionais e eficientes.

Interesante a súa análise sobre menores, familia, sistema educativo e xustiza. Dura 19 minutos pero vale a pena velo. Agradécese o seu sentido do humor.

Outros vídeos do Xuíz de Menores no programa Línea 900 Emilio Calatayud Pérez: 1 | 2 | 3 | 4.

En blog de Miguel Aguirregabiria

25/09/2007 23:04 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

24/09/2007

Discurso pola convivencia de "A súa excelencia"... Cantinflas

Recollido unha vez máis no blog de Miguel Aguirregabiria


O discurso político de Mario Moreno, Cantinflas, é antigo (como a película de 1966), pero eterno. Nota lingüística: Saltarse a barda (o seto) significa en México ter un éxito inesperado, conseguir un bo resultado

.

24/09/2007 20:39 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

18/04/2007

Convivencia: Unidades Didácticas do SGEP

18/04/2007 23:49 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

11/04/2007

Carné de clase por puntos

Un centro cántabro implanta esta modalidade nunha aula de Primaria como técnica auxiliar de modificación de conduta

Esta experiencia levouse a cabo nunha aula escolar de sexto curso de Primaria con alumnado que tiña un comportamento que evolucionara negativamente curso a curso “por unha serie de desafortunadas circunstancias”.

11/04/2007 20:46 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

A mediación nos conflitos escolares

A intervención dunha terceira persoa imparcial nun conflito para solucionalo constitúe a orixe do equipo de mediación. Pais, alumnos e profesores pretenden dar resposta ós problemas de convivencia que non se resolven coa aplicación das sancións correctoras.

 


11/04/2007 20:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

22/03/2007

Condutas asertivas, agresivas e pasivas

As condutas non asertivas son a principal causa dos conflitos interpersoais

Publicado en La voz de la escuela (21 marzo 2007)

Máis sobre  o tema en La voz de la escuela (28 marzo 2007)



22/03/2007 00:24 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

20/02/2007

Convivencia: lecturas e reflexións

As comunidades de aprendizaxe como expertas en resolución de conflitos

Por Ramón Flecha García

 

As comunidades de aprendizaxe baséanse na transformación social e cultural dun centro educativo e o seu contorno, baseada na aprendizaxe dialóxica. Isto supón reorganizar todo, dende a aula ata a organización do propio centro e a súa relación coa comunidade, en base ó diálogo.

 

http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=436

20/02/2007 23:28 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

Súmate á convivencia escolar

 

FETE-UGT e Fundación Telefónica presentan o programa SÚMATE Á CONVIVENCIA.

Conta con grande cantidade de recursos online para a comunidade educativa (recursos multimedia, plans de convivencia, programas...)

 

20/02/2007 23:23 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

Plan Galego de Convivencia Escolar

 

 

Neste espazo, creado como unha das actuacións dentro do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar en Galicia, quérenselle ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz.



Como elaborar o plan de convivencia do centro

 

Gran cantidade de recursos didácticos para traballar na aula

20/02/2007 23:12 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

24/01/2007

Portal de convivencia do MEC

 

Un bo punto de partida

 

 

 E aquí atoparás uns cantos enlaces máis

 

 

24/01/2007 20:43 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.