Blogia

Recursos educativos para mestres

30 propostas didácticas para o uso das TIC na aula


 

aulatic

Merece a pena coñecer estas 30 interesantes propostas didácticas para usar as TIC na aula  (En formato pdf, propostas para primaria e secundaria)

Recollido en Aula Virtual do CEP de Castilleja

IV encontro nacional de orientadores en Burgos (Abril 2008)

Ten como lema: A orientación como recurso educativo e social. Celébrase en Burgos en Abril de 2008. Accede á toda a información no seguinte enlace:

 


40 aniversario da morte de Lorenzo Milani (Escola de Barbiana)

Un libro que me entusiasmara Sonriente

Onde... "Pouco a pouco sale a flote o que hai de verdadeiro baixo o odio. Nace a obra de arte: unha man tendida ó inimigo para que cambie”.

No blog Tic en el área de Religión

Non envíes ficheiros .doc (algunhas razóns)

Tamén me sumo á campaña para concienciar dos efectos negativos do envío de ficheiros .doc Inocente

En Orientaeduc.com (Luis Barriocanal)

Os profesores ou a familia?

Visto na revista Cuadernos de Pedagogía

En Aulablog21 (F.Muñoz de la Peña)

Mundo de Milu: os dereitos da infancia

MUNDO DE MILU é a páxina educativa de Meniños, Fundación para a Infancia.


A fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.

Entre os seus recursos ofrece xogos para os nenos así como propostas educativas dirixidas ós docentes.

 Grazas a Carmen Sonriente

Consellos para mozos... e non tan mozos (Steve Jobs)

Gustoume este vídeo, vale a pena velo enteiro Sonriente

Aconsella utilizar protector solar Guiño

 

Vía Marble Station

A escola do futuro (as novas tecnoloxías na aula)

Reportaxe sobre o uso dos tablets PC nas aulas. Por José Antonio Blesa desde Ariño (Teruel) en España.

Descarga:



Only in Galicia



 

Vía Brétemas

Biblioteca Virtual Galega

A páxina web da biblioteca virtual galega recolle un amplo catálogo de obras e autores da literatura galega, os textos de moitas obras, así como obras lidas por diferentes autores e que se poden escoitar en audio e inclusive fragmentos de vídeos. 

Imprescindible. 

 

 

Keco e as aventuras da ecopanda

Keco e as aventuras da ecopanda é un xogo educativo en rede orientado a estimular a conciencia medioambiental do alumnado a partir da recolleita selectiva de residuos. 

No mes de setembro iníciase unha nova edición do concurso onde poden participar os nenos de 3º ciclo de primaria e de 1º de ESO.  


 

Publicado no boletín informativo nº 23 da CEOU 

Metáfora da carne e o peixe

 No seguinte enlace reprodúcese unha metáfora divertida acerca do software libre.


5 de xuño: día mundial do Medio Ambiente

Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.

 

Cálculo das emisións de Carbono que se poden aforrar


Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.

Ferramentas didácticas

Recollido en

Por que os finlandeses educan mellor?

Os datos dos estudios comparativos internacionais sobre educación (PISA, Eurydice) colocan ós alumnos finlandeses entre os máis preparados do mundo.

En

Get Ubuntu

HacheMuda é o creador deste video

Máis vídeos en you tube

Software libre: máis razóns para o uso na escola


Fragmento da intervención de Richard Stallman na Universidade de Palma de Mallorca no 2004.


Por que as escolas deberían usar só software libre (texto da conferencia de Richard Stallman)

Software Libre: consciencia de libertad por Julian Coccia, presidente de Linux Español e fundador do Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica

Software Libre e Software Privativo - Dous modelos de ensinanza , Por Sergio Belin y Federico Heinz

Máis información en www.educacionenvalores.org 

PHP Webquest: directorio de webquests

A través dunha Webquest, os alumnos/as deben buscar as repostas ó problema ou tarefa que se lles presenta.

Esta páxina ofrece unha recompilación de webquests clasificadas por niveis educativos e materias.

Aquí, por exemplo, te-la lista de webquests na área de coñecemento do medio para educación primaria .

CRA Alta Ribagorza: web con recursos

Destacamos a zona de WEBQUEST

E a de Recursos e Experiencias 

Vedoque: materiais e programas educativos

Nesta excelente web atoparás: xogos educativos, fichas de matemáticas, de lectoescritura, cadernos de cálculo, debuxos, ... para as etapas de Educación Infantil e Primaria.

 

Observatorio da convivencia

 No DOG nº 88 do martes 8 de maio sae publicado o Decreto 85/2007, do 2 de abril, polo que se crea o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, un órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar.
O Observatorio organízase en 3 niveis: autonómico, provincial e de centro educativo.

Acceso á web de convivencia 

Publicado no boletín nº 19 da CEOU