Blogia
Recursos educativos para mestres

Foro Mundial de Educación, en Compostela no 2010

Na páxina web: www.foro2010.org podes atopar ampla información sobre este evento que terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 9 e 13 de Decembro de 2.010, coincidindo co Xacobeo.

Trátase dun Foro Mundial de Educación (FME) temático sobre "Educación, investigación e cultura de paz". O FME está adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), que é o referente internacional do altermundialismo.
 
    O Comité Organizador constituiuse o 28 de Marzo de 2008 e presídeo D. Federico Mayor Zaragoza e nel están representados os principais centros de educación e investigación para a paz do estado español e de Portugal.

    Poderás atopar toda a información na páxina citada e nela xa é posible adherirse on line, tanto individual como colectivamente, como entidade, departamento, colexio, instituto, fundación...

Información facilitada polo SGEP

1 comentario

Daniel Veiga -

Tes un agasallo no Blog de Orientación do IES García Barbón de Verín -Ourense- http://orientacion.blogia.com/2009/040701-grazas-polo-agasallo-o-selo-violeta.php
Un saúdo