Blogia
Recursos educativos para mestres

Razóns para o uso do software libre nas aulas

1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.

2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.

3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.

4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.

5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)

6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".

Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.

Conceptos xerais sobre o software libre.

Dez vantaxes do software libre e propietario

Argumentos a favor do software libre nas aulas

"A vantaxe da liberdade" artigo de Enrique Dans na revista PC actual

Richard Stallman, o pai do software libre, nunha entrevista na revista Eroski de novas tecnoloxías.

Vídeo de R. Stallman sobre o software libre nas escolas.
Outra conferencia de R. Stallman

Para rematar, un resumo de 3 artigos anteriores, en lingua galega.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres