Se muestran los artículos pertenecientes al tema Recursos de aula.

04/11/2008

Jueduland

Repositorio de xogos educativos interactivos online e unha ampla selección de enlaces a outras webs.

04/11/2008 18:08 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 2 comentarios.

15/10/2008

Blogs: algunhas aplicacións educativas

Unha definición breve:  Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line (Wikipedia galega).

Os blogs, dentro do campo educativo, poden ser de varios tipos:

1. Blogs de centro:

Ceip A Rúa : participamos todos, con blogs de aula e profesores, rexístrase unha memoria das actividades máis significativas realizadas no centro.

2. Blogs de aula:

Participa máis o alumnado: un exemplo de blogs de prensa-escola,  e aquí listado de blogs gañadores no curso anterior.

3.Blogs de profes, con repositorio de recursos:

O Blog de Pilar, con recopilatorio de actividades de matemáticas para 3º ciclo.

Recursos para nuestra clase, blog con recursos para o 2º ciclo de primaria, clasificados por materias.

Recursos TIC no 3º ciclo de primaria, de Alberto Armada, recursos para 3º ciclo clasificados por materias.

CEIP Quinta Porrúa: máis recursos.

WIKI Capileiraticrecursos: outra forma de organizar recursos.

GenMagic.org : con repositorio de recursos.

4. Blogs de biblioteca:

Bibliotecadocole: un bo blog de biblioteca do colexio.

O recanto de Mik: outro excelente blog de biblioteca.

5. Blogs do departamento de orientación:

 CEIPs Otero Pedrayo e Mestres Goldar

Guía de información académica e profesional (blog IES García Barbón, Verín)

E así pódese ampliar a clasificación con blogs de ciclos, de áreas, de materias, de dinamizacións, equipos, departamentos...

Para ver máis temos unha clasificación e listado amplo na convocatoria do II premio de edublogs 2008, convocados pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.

15/10/2008 00:54 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 2 comentarios.

03/10/2008

Webquests, Miniquests e cazas do tesouro

Unha Webquest é unha actividade de aprendizaxe onde aos estudantes se lles presenta un escenario e unha tarefa, normalmente un problema para resolver ou un proxecto para realizar. Lévana a cabo empregando información de internet preseleccionada polo docente.

Entendo que é unha actividade modélica para que o alumnado acade unha competencia dixital e de tratamento da información, é dicir, que desenvolva habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento (Decreto 130/2007, do currículo de primaria).

Definición de webquest na wikipedia galega

Definición máis ampla na wikipedia en castelá

Antes de seguir imos con algúns exemplos concretos:

Exemplo para infantil: "Contamos con contos", elaborada por Beatriz Permuy Martínez

Para 1º ciclo de primaria: "Vamos al acuario", de Mª Aurora García Polanco

Para 2º ciclo, en Coñecemento do medio, "Os animais da granxa"

Para 2º e 3º ciclo: "O ciclo da auga", e outra máis sobre "O ciclo da auga", para 3º ciclo.

Para 3º ciclo de Primaria: "O día do teu nacemento", de Mario Aller.

Outra para 3º ciclo:  "O magosto"

Awikiescola: Webquests en galego, con exemplos clasificados por áreas.

edu.xunta.es/contidos,  máis webquests.

Volvemos outra vez ao marco teórico das webquests, con exemplificacións.

Que é unha webquest: www.webquest.es  Excelente páxina, especializada en webquests, conceptos teóricos e directorios de webquests.

Rede de centros avanzados tic : Moi boa, con presentacións explicando o que son as miniquests, as webquests e con exemplos.

Eduteka: Páxina centrada na aprendizaxe por proxectos. Como elaborar unha webquest de calidade e outras recomendacións. Moi boa.

Edutic: Describe paso a paso a elaboración dunha webquest. Con exemplos. Moi boa.

Edugaliza: Como facer unha caza do tesouro. Explicación detallada.

Nos seguintes lugares podes atopar directorios e recompilacións de webquests xa feitas.

Directorios de webquest: Recompilación de directorios onde atopar webquests.

Biblioteca de webquest de aula21: Máis exemplos de webquests

Outro repositorio de webquests en centrosavanzadostic.es

Finalmente, un lugar para publicar a túa propia webquest: PHPWebquest

03/10/2008 16:50 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

21/05/2008

Educación infantil para a saúde: E por que?

Trátase dun conxunto de unidades didácticas que atenden á educación infantil para a saúde, presentando os perigos da vida doméstica por medio de vídeos divertidos e de sinxela comprensión. Está dispoñible no Portal Galego de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Publicado no boletín nº 27 da CEOU)

21/05/2008 23:47 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

26/03/2008

Wiki de recursos educativos

 Un bo exemplo dun wiki onde se recompilan recursos educativos clasificados por etapas e áreas para infantil, primaria e secundaria.

Elaborado por Manuel Lopez, Coordinador TIC do CPR Barranco de Poqueira, en Granada.

Tamén é autor do blog "El mundillo de las TIC" 
26/03/2008 22:13 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

24/03/2008

Patapón: xogo para traballar o ritmo e a coordinación

No blog Educación Tecnológica atopo este excelente xogo para traballar o ritmo e a coordinación óculo-manual. O primeiro é ...practicar.

24/03/2008 14:57 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 2 comentarios.

29/02/2008

Recursos TIC no CPI Don Aurelio

Alberto Armada, o coordinador TIC do CPI don Aurelio de Cuntis, ten recollida unha ampla recompilación de recursos TIC clasificados por áreas e tamén por etapas e ciclos educativos, de infantil, primaria e ESO.

Recursos para o 3º de ciclo de primaria clasificados por áreas.

Recursos para o 2º ciclo de primaria

Recursos para o 1º ciclo de primaria

Recursos para educación infantil.

29/02/2008 23:24 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

02/02/2008

CEIP de Palmeira - Actividades do Rato Paco

Dende o CEIP de Palmeira, en Ribeira, o equipo de novas tecnoloxías, coordinado por Xosé Manuel Bouzán, pon á disposición da comunidade educativa as actividades do Rato Paco, realizadas coa aplicación Ardora creada por el mesmo.


02/02/2008 00:15 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

01/02/2008

Web da AS-PG

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega é un movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e asociación sociocultural. Está integrada por máis de mil asociados e asociadas de todo o país, vencellados directa ou indirectamente cos ensinos Primario, Secundario e Universitario. Máis de trinta anos de actividade ininterrompida avalan a traxectoria da AS-PG.

Destacamos a súa sección de recursos, e o xogo Trivial GZ.


01/02/2008 23:37 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

Web de Norberto

A web de Norberto Blanco Dorrío , creada xa no ano 2003, é unha das máis veteranas e representativas no campo do ensino en Galicia. Recompila unha serie de recursos útiles para a súa aplicación nos centros educativos de educación infantil e primaria, clasificándoos por temas e ciclos educativos. Asemade recolle unhas ligazóns de interese básico para os docentes galegos. Fundamental tela sempre a man, como unha páxina de inicio :-)


01/02/2008 20:46 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

Software educativo en galego

Quixera destacar o traballo realizado por un grupo de profesores que compoñen o equipo de Edugaliza na promoción do software educativo en lingua galega: Antón Rodríguez, Xose Antón Vicente, Ester Vázquez, Felo Couto, Fran Macías, Luís Teira, Manolo Gesto, Manolo de Carnota, Manolo Veiga, Sabela Núñez, Suso Lojo e Suso Lorenzo.

Podemos ver algúns dos seus traballos, de utilidade na nosa práctica docente, na seguinte páxina:

 

Xosé Antón Vicente dirixe o blog "Ensino en galego"...

 

... e elaborou unha web onde recolle unha relación de todo o software educativo existente e traducido ao galego que pode ser utilizado na aula polos docentes. Este software pode utilizarse para que cada docente elabore os seus materiais específicos, pero tamén para compartir as actividades que xa foron elaboradas por outros compañeiros.

Software como LIM, Mapas, Formula20, Xogamos?, Ardora, Clic e JClic, Webquest, Loga ou Hot Potatoes. Podemos ver todo ao detalle no seguinte enlace:

 

01/02/2008 20:25 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

29/01/2008

Observar e comentar unha pintura (Profesor Potachov)

No blog do profesor Potachov ensínase cómo mirar un cadro e escribir un pequeno comentario sobre o mesmo. Para iso é necesario observar de maneira ordenada e sistemática unha serie de detalles importantes, os cales se explican neste documento a modo de guión. (Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria).


29/01/2008 20:23 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

18/12/2007

Materiais curriculares premiados polo CNICE

Podes atopar os distintos materiais premiados clasificados por áreas ou por etapas educativas.  

... (... continúa)
18/12/2007 22:43 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

Especial de Nadal dende a CEOU

 A CEOU propón este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Nadal, entendida como un  feito social e cultural. Atoparedes información sobre esta celebración en Galicia e noutros lugares do mundo.

18/12/2007 21:46 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

19/10/2007

WebQuests para Primaria

1. O ciclo da auga (2º Ciclo de Primaria) (Paqui Delgado).


2. A convivencia na escola (2º Ciclo de Primaria) (Paqui Delgado).


Recollidas en  CEIP-TIC (Pedro Corchado)

19/10/2007 19:51 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

21/09/2007

As galescolas botan a andar

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pon en marcha este portal de escolas infantís con novas actualizadas. Destacamos tamén os recursos educativos que ofrece así como a información nutricional.

21/09/2007 00:31 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

05/09/2007

Boletín nº1 do curso 2007-08 da CEOU

Benvidos/as ao novo curso Sonriente

A CEOU vén de publicar o primeiro boletín do curso académico 2007-2008 . A destacar:

A publicación "O proceso de adaptación. E ti... vas á escola?" dirixida á etapa de educación infantil.

O "Catálogo de recursos educativos ", co material ofrecido por diferentes ONGD, organizado en varias áreas temáticas como educación en valores, medio ambiente, infancia, etc.


Recordaros que para este novo curso os centros de primaria deben actualizar a seguinte documentación:

. Programacións do 1º ciclo de primaria, para adecualas ó Decreto 130/2007

. Elaborar o proxecto lector do centro

. Elaborar o plan de introdución das TIC

. Elaborar o plan de convivencia e constituír o Observatorio da Convivencia Escolar (Decreto 85/2007)

. Proxecto lingüístico do centro (Decreto 124/2007)

05/09/2007 20:07 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

26/06/2007

30 propostas didácticas para o uso das TIC na aula


 

aulatic

Merece a pena coñecer estas 30 interesantes propostas didácticas para usar as TIC na aul (En formato pdf, propostas para primaria e secundaria)

Recollido en Aula Virtual do CEP de Castilleja

26/06/2007 23:55 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

13/06/2007

A escola do futuro (as novas tecnoloxías na aula)

Reportaxe sobre o uso dos tablets PC nas aulas. Por José Antonio Blesa desde Ariño (Teruel) en España.

Descarga:



13/06/2007 20:33 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

04/06/2007

5 de xuño: día mundial do Medio Ambiente

Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.

 

Cálculo das emisións de Carbono que se poden aforrar


Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.

Ferramentas didácticas

Recollido en

04/06/2007 10:20 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

21/05/2007

PHP Webquest: directorio de webquests

A través dunha Webquest, os alumnos/as deben buscar as repostas ó problema ou tarefa que se lles presenta.

Esta páxina ofrece unha recompilación de webquests clasificadas por niveis educativos e materias.

Aquí, por exemplo, te-la lista de webquests na área de coñecemento do medio para educación primaria .
21/05/2007 13:10 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

CRA Alta Ribagorza: web con recursos

21/05/2007 11:58 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

Vedoque: materiais e programas educativos

Nesta excelente web atoparás: xogos educativos, fichas de matemáticas, de lectoescritura, cadernos de cálculo, debuxos, ... para as etapas de Educación Infantil e Primaria.

 

21/05/2007 11:25 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

07/05/2007

Recursos educativos de primaria en Flash

 Excelente e ampla recompilación de recursos online, clasificados por ciclos e materias.

07/05/2007 14:03 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

30/04/2007

Contidos sobre Coñecemento do medio

30/04/2007 13:32 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

26/04/2007

25/04/2007

Recursos (CEIP Miguel de Cervantes)

Excelente  recompilación de recursos educativos de todo tipo:

. Xogos educativos interactivos online

. Fichas para imprimir en tódalas áreas

. Gran cantidade de Enlaces interesantes

25/04/2007 23:29 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

17/04/2007

Educalia: Xogos e programas educativos

17/04/2007 22:38 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

14/04/2007

Actividades de matemáticas (5º e 6º cursos)

14/04/2007 14:14 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

27/03/2007

Poesía para nenos

 

"Se ves un monte de escumas, é o meu verso o que ves"

José Martí.


A web da poesía infantil, do xogo poético e da creatividade.

 

Atoparás materiais didácticos para traballar cos nenos e achegalos ó mundo da poesía.

 

E para rematar... uns libriños recomendados:

 

 

Graciñas a Mónica Guiño

27/03/2007 21:12 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

01/03/2007

Eclipse de lúa: sábado 3 marzo

A ver se o bo tempo axuda  Chulo

01/03/2007 19:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

27/02/2007

20/02/2007

Proverbios e citas

 

Mellor é calar e que sospeiten da túa pouca sabiduría que falar e eliminar calquera dúbida sobre ela.
Abraham Lincoln (1808-1865) Político estadounidense.
 
Necesítanse dous anos para aprender a falar e sesenta para aprender a calar.
Ernest Hemingway (1896-1961) Escritor estadounidense.
 
É mellor ter a boca pechada e parecer estúpido que abrila e disipar a dúbida.
Mark Twain (1835-1910) Escritor y periodista estadounidense.
 
Citas e proverbios clasificados por temas.
20/02/2007 23:31 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

02/02/2007

Binta e a gran idea

 

Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea ó lado do río Casamance, no sur de Senegal, e vai ó colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ó seu pai, un humilde pescador que preocupado polo progreso da humanidade quere levar adiante unha idea que se lle ocurriu.

[A min emocionoume. En verdade que vale a pena velo, dura media hora, recomendo facer un aparte durante ese tempo e disfrutar co vídeo.]

Moi recomendable para que o vexan os nenos e nenas do cole.

 

Máis información en

 

02/02/2007 00:01 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

31/01/2007

A terra con 100 habitantes

A idea de reducir a poboación do mundo a unha comunidade de só 100 persoas, pero mantendo as proporcións de razas, sexos, culturas ou rendas, é moi suxerente, xa que che fai ver facilmente as desigualdades que existen nel.


Presentación con SLIDESHARE

 

31/01/2007 23:30 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

23/01/2007

Recursos de aula

 

http://www.primeraescuela.com

Moitos recursos para educación infantil

 


http://www.edu.xunta.es/contidos

Portal da xunta... recursos web para as distintas etapas educativas

 

http://www.cnice.mecd.es/ninos/

Páxina do Ministerio de Educación. Fundamental. 

 


http://www.profes.net

Promovida pola editorial SM. Gran cantidade de recursos para tódalas etapas educativas, tamén para titorías. Fichas para imprimir.

 


http://sapiens.ya.com/nbdorrio Gran cantidade de recursos clasificados para 1º, 2º e 3º ciclos de Primaria. En galego. Moi boa.

 

Obras de teatro para os nenos

23/01/2007 23:41 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.