Se muestran los artículos pertenecientes al tema Pensamentos no diván.
23/11/2007
A illa das flores
Documental brasileiro que nos explica o qué é un "Ser humano" comparándoo con outros mamíferos, con tomates, porcos, diñeiro, lixo... e rematando cunha reflexión sobre a liberdade (unha palabra que o soño humano alimenta, que non hai ninguén que a explique nin ninguén que non a entenda). Vale a pena parar o noso mundo durante os 13 minutos que dura e velo. Ó volver a entrar no teu mundo verás que ás veces 13 minutos son un instante, e que en vez de perder 13 minutos terás a sensación de ter gañado un cachiño de eternidade (o tempo que non pasa, que non se perde, que permanece nalgún lugar da memoria, e que sempre te acompaña...).
Por xentileza de Íñigo

Fernando Fernán Gómez. In memoriam.
Máis vídeos en You Tube
16/11/2007
Premio ó mellor blog en español a unha avoa de Muxía
Anímate a visitar o seu blog amis95.blogspot.com
18/10/2007
Infancia musical... (Para Elisa de Beethoven)
17/10/2007
Un pouco de política
O programa de Televisión Española Tengo una pregunta para usted contou o martes á noite coa presenza dos políticos Josep-Lluís Carod-Rovira, presidente de ERC; Josep Antoni Duran i Lleida, voceiro de CiU no Congreso español, e Gaspar Llamazares, coordinador xeral de IU.
Todas as intervencións do programa pódense ver na canle de TVE en YouTube.
Recollido en Vieiros.com
29/06/2007
Gracias
Gracias por todo...
por tu paciencia,
tu comprensión,
tu confianza,
tu capacidad de escuchar,
por decir tanto con tan poco.
Gracias por tus silencios,
por tus palabras,
por tu tiempo...
Gracias...
pola música e a calidez das túas palabras diarias,
pola inmediatez das túas miradas e os teus sorrisos,
por compartir xenerosamente todo o teu tempo,
por ver o mellor de min e cuidalo con cariño.
14/06/2007
Consellos para mozos... e non tan mozos (Steve Jobs)
19/04/2007
Mamá TV
30/03/2007
A humildade do mestre
“Un guerreiro toma a súa sorte, sexa a que sexa, e acéptaa coa máxima humildade. Acéptase con humildade así como é, non como base para lamentarse, senón como base para a súa loita e o seu desafío.
Lévanos moito tempo comprender iso e vivilo por enteiro. Eu, por exemplo, odiaba mencionar a palabra humildade. Son un indio, e os indios sempre fomos humildes e non fixemos nada máis que agachar a cabeza. Eu pensaba que a humildade non tiña que ver co camiño do guerreiro. ¡Equivocábame! Agora sei que a humildade do guerreiro non é a humildade do pordioseiro. O guerreiro non agacha a cabeza diante de ninguén, pero, ó mesmo tempo, tampouco permite que ninguén agache a cabeza diante del. Sen embargo, o pordioseiro á menor provocación pide piedade de xeonllos e bótase ó chan a que o pise calquera a quen considera máis encumbrado; pero ó mesmo tempo, esixe a quen considera por baixo del que lle faga o mesmo".
Recollido de: Carlos Castaneda: Relatos de poder
Máis cousas en: La Sangre del León Verde07/03/2007
Que foi das cartas?

02/03/2007
Antoloxía poética multimedia (Ángel Puente)


Steve Jobs: fundador de Apple (Conferencia de Graduación)
... Cando tiña 17 años, lin unha cita que dicía algo como: “Se vives cada día como se fose o último, algún día terás razón”. Marcoume, e desde aquela, durante os últimos 33 anos, cada mañán mireime no espello e pregunteime: “Se hoxe fose o último día da miña vida, faría o que vou facer hoxe?” E se a resposta era “Non” durante demasiados días seguidos, sabía que necesitaba cambiar algo.









