Se muestran los artículos pertenecientes al tema Lexislación.
08/05/2008
Libro de lexislación de Primaria
A CEOU edita unha publicación que recolle a lexislación LOE de aplicación na educación primaria e que será enviada aos centros de Educación Primaria nos vindeiros días.
Contén:
1. Decreto 130/2007 do currículo de primaria
2. Orde do 23 de novembro de 2007 que regula a avaliación en educación primaria
3. Orientacións metodolóxicas por áreas
4. Avaliación diagnóstica
Acceder ao documento (3,9 Mb)
08/09/2007
Novidades lexislativas curso 2007-2008
Orde do 9 de abril de 2007 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2007/2008, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Decreto 85/2007 , do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar
Decreto 130/2007 , do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria
Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na educación primaria na CCAA de Galicia
Anteproxecto do Decreto de Educación Infantil (Setembro 2007)
Decreto 124/2007, n do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo
Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes (dinamización de proxectos específicos: biblioteca, convivencia escolar, TIC, normalización lingüística, mellora da calidade educativa, programas internacionais, apoio á xestión económica do centro)
13/07/2007
Decreto 130/2007 (Currículo de Educación Primaria)
Publicado no DOG do día 9 de xullo de 2007.
Para o vindeiro curso académico 2007-2008 este Decreto afectará ás programacións do 1º ciclo de Educación Primaria.
Como principais novidades para o vindeiro curso débense incluír no proxecto educativo do centro o proxecto lector de centro e o plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tamén cobra especial relevancia o concepto de competencias básicas, ata un total de 8, que son:
Competencia en comunicación lingüística
Competencia matemática
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Tratamento da información e competencia dixital
Competencia social e cidadá
Competencia cultural e artística
Competencia para aprender a aprender
Autonomía e iniciativa persoal.
15/05/2007
Observatorio da convivencia
No DOG nº 88 do martes 8 de maio sae publicado o Decreto 85/2007, do 2 de abril, polo que se crea o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, un órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar.
O Observatorio organízase en 3 niveis: autonómico, provincial e de centro educativo.
Publicado no boletín nº 19 da CEOU
15/03/2007
05/03/2007
Borrador do Decreto de Educación Primaria
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición de toda a comunidade educativa o BORRADOR do decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
01/02/2007
Lexislación básica en primaria
Enlaces varios:
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de 2006, de educación
RD Ensinanzas Mínimas 2º Ciclo de Educación Infantil
RD 1513/2006 de Ensinanzas Mínimas en Educación Primaria.
O próximo curso académico debe aplicarse no primeiro ciclo de Educación Primaria.
Recompilación da lexislación educativa en Galicia. Páxina da Xunta.








