Se muestran los artículos pertenecientes al tema Formación.
22/01/2009
O fracaso escolar (Documentos RNE)
Enlazo o seguinte programa de radio dedicado ao fracaso escolar, fenómeno que en España exhibe dimensións inquietantes. O documental mostra os seus efectos, e cómo intentaron paliar esta lacra os diferentes Gobernos que deseñaron os sistemas educativos desde fai máis de 100 anos.
(Se non visualizades o reprodutor de son pinchade aquí)
Enlace facilitado por APOEGAL
18/11/2008
Non é verdade (manifesto pedagóxico)
Invítovos a ler o seguinte manifesto, elaborado polo equipo da rede IRES (Investigación e Renovación Escolar) que pon en evidencia unha visión simplista e pouco rigorosa que certos sectores mediáticos insisten en manter sobre a escola e sobre os procesos que nela teñen lugar.
Comeza do seguinte xeito : "As organizacións e persoas que asinamos este Manifesto (docentes, nais, pais, estudantes e cidadanía en xeral) estamos profundamente preocupados pola difusión de crenzas sobre a escola española que distorsionan gravemente a realidade. Estase a xeneralizar unha forma de pensar segundo a cal se di hoxe que na escola se ensinan poucos contidos, se fan actividades irrelevantes, os niveis de esixencia baixan, os alumnos e alumnas son peores cós de antes e hai “moita pedagoxía” e pouca ensinanza."
Podédelo seguir lendo na web de rede IRES
11/11/2008
Foro Social Galego (FSGal): 5 de decembro en Compostela
O Foro Social Galego (FSGal) é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo. O lema do FSGal é: Pensar e construír alternativas desde Galiza.
O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela (Auditorio de Galiza, Burgo das Nacións e Facultade de Filoloxía) os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008, un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Pará en Brasil.
31/10/2008
Libros de texto e tarefa docente
Aproveito para recomendaros un libro, de LILIANA CARBÓ E VICENT GRÀCIA, O mundo a través dos números, Lleida, Editorial Milenio, 2004
No seu Capítulo 1. “Sensacións e sentimentos arredor das matemáticas” ( Páxinas 27 a 28), dedícalle unhas páxinas á análise da función dos libros de texto nas escolas, nunha perspectiva crítica. Paréceme proveitoso recollelo aquí e sometelo á vosa valoración. Grazas.
(...) Respecto do valor dos libros de texto, na maioría dos lugares os libros de texto son o centro da tarefa docente. Martínez Bonafé (2002) realizou un estudo sobre os textos españois e a súa implantación no contexto educativo, como un potente “dispositivo que pon en relación o poder co saber” (páx.16), “un dispositivo privilexiado das políticas de control, unha forma unívoca de falar desde o anonimato, creado especificamente para a escola” (páx. 25).
Con respecto ás matemáticas, Bishop establece como “moitas clases de matemáticas en todo o mundo son testemuño da subordinación do ensino e dos docentes nos libros de texto e de feito, son moi poucos os ensinantes que rexeitan os textos. Pero, de quen son estes libros? Quen os escribe? Para quen e para que? Coñecen os seus autores aos alumnos que os usarán ou aos mestres que se basearán neles para ensinar? Aceptarán os autores ser os responsables dos nenos que non aprendan?” (páx. 28) Os libros controlan todo o proceso: os contidos, a nós mesmos, ao alumnado, o que debemos avaliar...Este control impídenos que poidamos ter en conta as diferenzas que hai entre os nosos alumnos e podelos axudar de forma eficaz.
Bishop defende a idea de sistemas que non “estean baseados en libros de texto e formar ao profesorado para que non dependa deles. Habería que deixar que os ensinantes controlasen os materiais e non ao contrario e demostrar que a responsabilidade do ensino é do profesorado e non do texto (...) O que o ensinante necesita non é un texto, senón experiencias e recursos que contribúan ao desenvolvemento dos seus alumnos e as súas alumnas. O que de verdade necesita o alumnado non é un texto, senón unha contorna de aprendizaxe apaixonante e cálida, comprensiva e intelectualmente estimulante” (páx 29).
Ningunha das partes do proceso necesita textos. Pero os libros son tan dominantes que, como apunta Martínez Bonafé, “ningún axente social os cuestiona” (páx. 37) e as súas propostas céntranse en solicitar a súa gratuidade, pero non de valorar a súa calidade ou a conveniencia de facer deles o centro da tarefa docente. Por todo isto, nós pensamos que non é certo que, como os libros de texto están escritos por expertos, teñen que ser bos. “Os redactores destes textos adoitan presupoñer con moita arrogancia que o seu nivel de competencia é superior ao do profesorado (e por suposto ao do alumnado). Isto coloca ao docente nunha posición subordinada e, en última instancia, desestima as súas aptitudes e a súa profesionalidade” (Bishop, páx. 30)
Tampouco pensamos que a tarefa do docente sexa ensinar matemáticas, senón ensinar a persoas, co cal os libros de texto tampouco serven. O libro oriéntase a un alumnado “xeneralizado” que non é real. “As matemáticas que se ensinan preséntanse coma se estivesen libres de valores. Como están deshumanizadas, despersonalizadas e descontextualizadas (¡por suposto!) crese conveniente eliminar todas as referencias aos valores e a outros aspectos relacionados coa cultura, co fin de que, supostamente, as matemáticas conserven a súa purez
... (... continúa)08/07/2008
III Encontro de Edublogs en Compostela
O pasado fin de semana celebrouse o III Encontro de Edublogs en Santiago de Compostela, despois das experiencias anteriores de Roa de Duero e Ayerbe. Participaron no evento máis de 130 profesores de toda España. Merece destacarse o bo ambiente que envolve este acto, que se sae do típico Congreso aburrido organizado normalmente polas universidades, e que se permite o luxo de non conceder ningún mérito aos asistentes a efectos académicos e administrativos. É un espazo de aire fresco, xerado pola ilusión dos participantes. Como materiais entregouse : unha carpetiña con dous folios brancos, unha folla informativa cos horarios do programa, un caderno de cancións e un paraugas. As dúas noites organizouse unha cea de confraternización, complementada coas cancións que acompañaba a guitarra de Isidro.
No meu parecer destaco especialmente a charla de Juan Freire. profesor da Universidade de A Coruña.
Rematouse o encontro coa entrega de diplomas honoríficos ;-) e sorteouse unha pizarra dixital auténtica, made in Galiza.
Como colofón, os participantes convertíronse automaticamente en socios de Aulablog, e poderán disfrutar dos seus servizos ao menos durante un ano.
O próximo encontro, o IV, será en Getxo, e animo a participar a todo aquel e aquela que teña ilusión nisto dos blogs, wikis... e lle guste algo a festa. Seguro que coñece xente encantadora cun montón de cousas en común. Síguenos en Twiter-Twemes.
06/05/2008
Revista VICUS
A revista VICUS está editada polo CEFORE de Vigo. O seu último número corresponde ao mes de xuño de 2007.
O obxectivo principal desta publicación é o de difundir todas aquelas experiencias educativas de aula ou de centro que se estean a desenvolver e que teñan un interese específico para o resto do profesorado.
Conta coas seccións seguintes: 1. Pensamento, 2. Experiencias premiadas, 3. Opinións do profesorado, 4. Bibliotecas escolares, 5. A pé de aula, 6. Reseñas bibliográficas, 7. Páxinas web.
Na súa última páxina figuran as normas para publicar artigos.
17/04/2008
Pizarras dixitais
As pizarras ou encerados dixitais interactivos (PDI ou EDI) comezan a verse nas escolas galegas. Hai varios modelos e marcas diferentes e con custos moi diversos.
En Ediga.net (Encerado Dixital Interactivo Galicia) recóllese a nova de que o Instituto Tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela conxuntamente co CEIP de Arzúa e Edugaliza.org deseñarán a primeira pantalla de baixo custo galega para os centros de ensino. Pódese ver neste documento PDI baixo custo feito en Galicia. De momento parécenme especialmente interesantes as seguintes pizarras de baixo custo, con tres posibilidades:
1. Pizarra con Wiimote (a pizarra ten un custo duns 60 euros, máis o ordenador e o proxector).
2. Ebeam projection
3. Interactive Camera-Projector System
Tamén en Ediga.net atopamos experiencias de aula de utilización de diversos recursos técnicos sinxelos e baratos que nos permiten utilizar unha PDI, e que podemos visualizar nos vídeos alí colgados.
Tamén hai que destacar o blog http://pizarradixital.nireblog.com/ onde podemos atopar varios vídeos sobre diferentes tipos de pizarras e o seu funcionamento, ademais dunha recompilación variada de actividades para traballar co alumnado.
14/04/2008
I Xornada de profesorado de educación primaria
A I Xornada de Profesorado de Educación Primaria celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o próximo 18 e 19 de abril.
Os obxectivos da xornada son analizar a situación do ensino primario na actualidade, coñecer e analizar o currículo de primaria e intercambiar inquedanzas, experiencias e propostas de interese para o profesorado de ensino primario.
Ver programa da Xornada
11/03/2008
Rede social "ágora rede" do profesorado galego
08/03/2008
Rede social "Internet na aula"
Con motivo da celebración do I Congreso Nacional "Internet en el Aula", José Luis Cabello creou unha rede social en Ning. Xa hai máis de 200 profesores inscritos nesta rede. Se aínda non o fixeches anímate e participa nesta experiencia.
20/02/2008
XXIII Encontros de Educación para a paz
Programa dos XXIII ENCONTROS DE EDUCACION PARA A PAZ que sobre "Educación, democracia e laicidade" terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, os días 6, 7 e 8 de Marzo.
28/01/2008
Crise da educación
Artigo de José Saturnino Martínez, no diario El país, o día 14 de xaneiro do 2008., achega esta análise dende unha perspectiva sociolóxica, que en liñas xerais comparto.

11/12/2007
A publicidade ao descuberto (documental)
Excelente vídeo educativo sobre as claves para entender críticamente as mensaxes publicitarias
Recollido en www.airecomun.com
04/12/2007
O ensino galego entre os seis mellores do Estado
A OCDE realiza periodicamente o informe PISA que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá.
O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses.
E tamén nas novas da Xunta de Galicia
No xornal "elPeriodico.com" hai preguntas con respostas.
26/09/2007
O orzamento do MEC medra o 86% desde o ano 2004
| Para 2008, o orzamento do MEC ascende a 6.517 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,85% con respecto ó ano anterior. Destas partidas, 2.830 millóns de euros destínanse a Educación e 3.600 millóns de euros a I+D+i. As partidas para financiar a aplicación da LOE suman máis de 630 millóns e as bolsas e axudas ó estudo superan os 1.245 millóns | |||||
Boletín nº 4 da CEOU
INFORMACIÓN PARA O PROFESORADO
Recóllense unha serie de documentos de interese para o profesorado:
- Plan TIC.
- Proxecto lector.
- Proxecto lingüístico de centro (guía práctica)
- Proxecto lingüístico de centro (planificación)
- Plan de anticipación da primeira lingua estranxeira.
- Competencias básicas.
- ... etc.
19/09/2007
Educación en Finlandia
Algunhas das claves da súa eficiencia educativa.
Os seus resultados na educación primaria e secundaria encabezan tódolos rankings comparativos. Superan a outros sistemas educativos en Europa, en América, en Asia ,…
Continúa en Mikel Aguirregabiria
17/09/2007
Edición do Xornal Educativo: setembro 2007
| |
11/09/2007
Boletín nº 2 da CEOU (2007-08)
Neste boletín destacamos:
1. A publicación do Anteproxecto do Decreto de educación infantil
2. Unha presentación en diapositivas desenvolvendo o concepto de COMPETENCIAS BÁSICAS
3. A resolución definitiva das axudas para ordenadores
13/07/2007
O fracaso escolar en España anda polo 30%
Asturias ofrece a menor taxa de abandono escolar, cun 14,9%, seguida do País Basco (16,5%) e Navarra (18,5%). Os resultados máis negativos para Baleares, cunha porcentaxe do 38,2%, Comunidade Valenciana (35,9%) e Canarias (35,2%).
En Galicia estamos no 24%
Un artigo para reflexionar en El Adarve (M.A. Santos Guerra)
(Un saúdo a Daniel)
21/06/2007
31/05/2007
Por que os finlandeses educan mellor?
Os datos dos estudios comparativos internacionais sobre educación (PISA, Eurydice) colocan ós alumnos finlandeses entre os máis preparados do mundo.
09/05/2007
Informe de avaliación do plan PROA 2005-2006
08/05/2007
Convocatorias de innovación educativa
Ao longo do mes de maio está prevista a convocatoria de diversas accións de innovación educativa: plan PROA, plan de autoavalición e mellora da calidade da educación, plan Valora, proxectos TIC, proxectos de innovación en normalización lingúística, seccións bilingües, programa PALE, plan de anticipación, plan de mellora de bibliotecas escolares, inmersión lingüística en primaria, inmersión lingüística en secundaria e bacharelato, premios á innovación educativa, premios en valores democráticos 2007, premios TIC 2007 e premios de enerxías renovables 2007.
Máis información no boletín 18 da CEOU
07/05/2007
Metodoloxía didáctica: reflexións

Amplia a información en Sabiduria.com/Liderazgo
10/04/2007
Informe sobre o Estado e a Situación do Sistema Educativo en Galicia
O Consello Escolar alerta do "alto atraso" dos alumnos galegos en novas tecnoloxías.
O sistema educativo galego leva un suspenso en normalización lingüística
Só tres de cada dez rapaces da Primaria usan o galego.
O informe do Consello Escolar de Galicia quéixase especialmente da "desproporción" do uso do castelán durante a aprendizaxe da lectura e a escritura.
En Vieiros.com
21/03/2007
Os mestres recoñécense satisfeitos coa súa profesión
O 90% dos profesores considera que a vocación é necesaria para dedicarse ó ensino e está satisfeito coa profesión elexida.
Estas son algunhas das conclusións do informe "As emocións e os valores do profesorado”, editado pola Fundación SM e o Instituto IDEA, coa colaboración do Ministerio de Educación e Ciencia.

Publicado en:
08/03/2007
Nova Escola Galega: Actividades
XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES POLA PAZ (4-5 e 6 de Maio en Chaves-Portugal)
Entrevista a Xesús R. Jares, na revista ESCUELA (1)
Entrevista a Xesús R. Jares, na revista ESCUELA (2)
Presentación do seu libro Pedagogía de la Convivencia, ed. Graó, 2006

07/03/2007
Educación familiar

Valentín Martínez-Otero
Profesor-Doutor en Psicoloxía e Pedagoxía. Universidade
Complutense de Madrid
05/03/2007
XXIV Semana de Filosofía
22/02/2007
PLAN VALORA. SAUDIÑA
O Plan Valora é unha liña de innovación educativa que quere potenciar a educación en valores democráticos, canalizada a través de diversos ámbitos de actuación como son :
a educación para a igualdade de homes e mulleres;
a convivencia, cidadanía e cultura de paz;
a interculturalidade;
o medio ambiente e desenvolvemento sostible;
a educación viaria;
o consumo responsable;
o lecer;
a saúde e
o medio mariño.
Revista Saudiña nº 13 , xaneiro de 2007. O voceiro do Plan Valora recolle as boas prácticas dos centros educativos, artigos especializados neste ámbito destinados a toda a comunidade educativa, así como outras seccións a través das que se contribúe a difundir a educación en valores no eido escolar.
20/02/2007
XXII encontros de educación

XXII ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ:" EDUCAR PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS"
Envía o formulario e inscríbete
Data de Celebración: 1, 2 e 3 de Marzo.
Lugar de celebración: Xornalismo.
Horario: (ACCEDE Ó PROGRAMA PROVISORIO PARA VER OS HORARIOS DE CADA DÍA).
HOMOLOGADO cun crédito de libre configuración pola USC.
31/01/2007
A educación en valores
Vídeo ilustrativo sobre a "educación en valores"
Selección de escenas dunha vella película italiana dos anos 50, protagonizada por Ugo Tonazzi.
Nesta pequena curtametraxe (de 6 minutos aproximadamente) vemos os "valores educativos" que un pai lle transmite ó seu fillo...























