Blogia
Recursos educativos para mestres

Orella pendella: blog de ditos, recitados e cancións infantís

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Este excelente blog ten por pretensión difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. 

Parabéns :-)

2 comentarios

ana novo -

Tedes un blog moi interesante, gustounos moito e por iso vos deixamos un agasallo no noso.
Se queredes podedes pasar por el a recollelo:
http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=60801

Kiko -

Ola, grazas por citar a nosa páxina. Excelente o teu blog, contén recursos moi útiles, ímolo poñer nas nosas ligazóns.