Blogia
Recursos educativos para mestres

Crise da educación

Artigo de José Saturnino Martínez, no diario El país, o día 14 de xaneiro do 2008., achega esta análise dende unha perspectiva sociolóxica, que en liñas xerais comparto.

"A curiosidade por explicar a traxectoria deses 14 nenos foi un dos motivos para que me especializase en socioloxía da educación. As conclusións, provisionais, ás que fun chegando son as seguintes. Os problemas escolares explícanse por diversos factores, pero, con diferenza, os máis importantes suceden fóra da aula. Por iso, os psicopedagogos nin son culpables nin achegan solucións milagrosas. Segundo o informe PISA, o 50% do rendemento educativo dos mozos explícase pola posición social da súa familia, un 18% pola composición socioeconómica das familias dos estudantes do centro educativo, e un 6% por características didácticas e organizativas dos propios centros escolares. O outro 26% queda sen explicación, e supoño que aí é onde entramos eses 14 nenos, é dicir, cando debatemos sobre como mellorar a educación desde dentro das escolas, estamos discutindo sobre o 6% do problema. Fálase moito de escola pública e privada, pero as diferenzas de rendemento entre estes centros débense á orixe socioeconómica dos estudantes. O fracaso escolar entre os fillos de universitarios é do 2%, mentres que entre os fillos de quen non teñen estudos é do 40%. Pensar que con mellor didáctica conseguiremos que ese 40% baixe ao 2% paréceme ben intencionado, pero pouco realista." (traducido ao galego por http://opentrad.imaxin.com/ )
 
O artigo completo pódese ler no enlace citado arriba.

2 comentarios

Xose -

Grazas polo teu comentario, e lamento non ter elixido o parágrafo preciso ;-) A miña intención era que servise de pretexto para ler todo o artigo.
No do 6% non sei se ése é o dato preciso, pero eu tamén intúo que non debe andar moi lonxe.
E concordo contigo plenamente no último parágrafo do teu comentario. Unha cousa non quita a outra. O profesor debe ser un profesional sempre no seu traballo, e intentar mellorar a realidade. (Agora ben, se un tamén é consciente das limitacións ou posibilidades reais tamén se pode evitar algún que outro disgusto ou decepción).
Pdta:
E en relación coa estatística... tamén concordo bastante contigo, pero... se eres conductor, ten precaución cando collas o coche, porque invariablemente o x% dos que o collen cada día non o volven coller nunca máis. Algo hai.

Jorganes -

Xa dixo Mark Twain: "Hai tres clases de mentiras: as mentiras, as malditas mentiras e as estatísticas".

Conste que concordo con vos en que o artigo de José Saturnino Martínez é moi bo e merece unha ollada, mais paréceme que que o parágrafo que ti pos, queda por si só un pouco fora de contexto.

[retranca on] Se características didácticas e organizativas dos centros de ensino só inflúen nun 6% no rendemento educativo, mellor pechamos os centros e dámoslles aos pais os cartos que se gastan en educación (o 4,5% do PIB!!!) e que se busquen eles a vida. Quizais se os pais ten máis cartos para gastar suba o seu nivel socioeconómico e mellore o rendemento educativo, que o fin de contas a influencia deste dato é do 50%. [retranca off].

Co debido respecto, penso que os profesores non deberían deixarse guiar polo determinismo social. Por contra, deberían afrontar o seu traballo ca intención de dar a volta as estadísticas, envorcándose máis en aqueles rapaces que máis o necesiten tal e como prescriben as leis xerais do ensino.