No CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense) levouse a cabo o programa "Eu tamén son diferente... e que?", onde se recollen as actividades desenvolvidas e os contos elaborados polos nenos e nenas do colexio.

Efrén é a mascota do CEIP de Toén .
Un recurso moi utilizado:
O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz. Contos Solidarios percorreu máis de cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica….