Conmemoracións e Temas Transversais
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o día 5 de xuño de cada ano, para estimular a concienciación sobre o ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O lema seleccionado para O Día Mundial do Medio Ambiente 2008 é Deixa o Hábito! Cara a unha economía baixa en Carbono, e proponnos reducir a nosa produción de CO2, principal causante do efecto invernadoiro e do quencemento glogal.
Na páxina do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) atoparás máis materiais informativos, e algúns vídeos, coma este cunha canción de Sting con imaxes e mensaxe, que pode servir de introdución e motivación ao tema.
Nos enlaces seguintes atópanse consellos para colaborar na mellora do medio ambiente:
Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.
Calcula as emisións de Carbono que podes aforrar
Para rematar temos uns xogos, para poñer a proba os coñecementos:
1. Para cuidar a illa de Honoloko.
2. Moitos máis xogos na web de Fundación Biodiversidad.
8 de marzo: Día internacional da muller
Dende a Web de Norberto preséntase unha recompilación moi ampla de recursos variados para traballar nas aulas: unidades didácticas, fichas e outras propostas.
Para traballar con ilustracións e viñetas, no enlace de entretodas atopamos uns debuxos de Forges que poden vir ó caso:
E a parte, podemos atopar unhas notas de humor, no blog de aulablog21
30 de xaneiro: actividades para o día da Paz
O SGEP enviará unha Carpeta Didáctica ós colexios e institutos cunha unidade didáctica: "A obsesión armamentista: unha enfermidade mortal"; o cartel conmemorativo e un exemplar do Documental “Cultura de Paz”, a partir do día 22 de xaneiro.
Os blogues das bibliotecas escolares galegas achegan o seu manifesto, e un vídeo musical.
Intermón-Oxfam presenta unha proposta educativa con actividades para as etapas de educación infantil e primaria.
No blog de podemos atopar máis ideas. Unha delas é esta presentación O Reflexo da vida (pps) sobre unha historia india, que invita a reflexionar.
No blog Ensino en galego temos un xogo de preguntas e respostas sobre a Paz no Mundo. (Xentileza de Xosé Antón Vicente Rodríguez)
Máis propostas de actividades en

Educación sexual para nenos e nenas con Pabliño e Virxinia
Teñen a virtude de seren moi didácticos.
PABLIÑO E VIRXINIA 2. COMO SE FAN OS NENOS?
PABLIÑO E VIRXINIA 3. A FECUNDACION
PABLIÑO E VIRXINIA 4. FACER O AMOR
PABLIÑO E VIRXINIA 5. O EMBARAZO
PABLIÑO E VIRXINIA 6.O PARTO
O vídeo combinado con outras ferramentas está chamado a ser un dos principais protagonistas da web educativa.
Publicado en Aulablog21
Coeducación: recursos do Servizo Galego de Igualdade
O Servizo Galego de Igualdade ten publicadas na súa web un conxunto de unidades didaćticas para traballar co alumnado o tema da coeducación e a prevención da violencia de xénero. Destacamos:
1. "A IGUALDADE COMO SOLUCIÓN", unha unidade didáctica para traballar en infantil e primaria os valores da igualdade.
2. "pREVIR dende a casa. guía para promover as relacións de paz e equidade"
3. EDUCAR PARA PREVI-LA VIOLENCIA DE XÉNERO. GUÍA PARA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
O resto dos materiais no enlace do SGI. (Publicacións-Coeducación)
Dereitos humanos: informe 2007 de Amnistía Internacional
Mundo de Milu: os dereitos da infancia
MUNDO DE MILU é a páxina educativa de Meniños, Fundación para a Infancia.
A fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.
Entre os seus recursos ofrece xogos para os nenos así como propostas educativas dirixidas ós docentes.
Grazas a Carmen
9 de maio: Día de Europa
21 de marzo: Día Forestal Mundial
A metade dos bosques mundiais desapareceron, e as áreas forestais con maior biodiversidade están en perigo. A xestión sostible dos bosques debe pasar das palabras á práctica.
Traballa na aula co texto “El hombre que plantaba árboles” de Jean Giono.
Proposta en http://www.educacionenvalores.org/
8 marzo: propostas didácticas (STEG)
8 marzo: máis viñetas
O entroido en Galiza
Concurso viñetas. Contacontos.
O concello de Bueu organiza o I concurso de viñetas e ilustracións "A igualdade no traballo". Vai dirixido ós alumnos do 3º ciclo de Primaria (tamén para ESO e Bacharelato).
Aquí tendes as bases da convocatoria.
Estas viñetas foron enlazadas desde
http://www.faq-mac.com/bitacoras/todas/?p=57Cambio climático
8 de marzo: día da muller traballadora
Selección ampla de recursos: unidades didácticas, fichas, enlaces, etc.
Páxina web do Instituto da Muller
30 de xaneiro: Día escolar da non violencia e a paz
Ampla recopilación de materiais didácticos para traballar cos nenos/as
E aquí algúns máis
Educación vial
Xogos e dinámicas de grupo
Educadores 21
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Desde fai máis de 30 anos, moitos centros escolares celebran o 30 de xaneiro de cada ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP).
Temos excelentes recursos para traballar nas aulas en INTERMON/OXFAM Comeza cunha proposta de mobilización e continúa con Unidades Didácticas específicas para Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria, Terceiro Ciclo de Primaria, Primeiro Ciclo de ESO e Segundo Ciclo de ESO-Bacharelato. Todas as Unidades Didácticas tamén están dispoñibles en galego na páxina do DENIP da organización.