Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.
06/05/2008
Revista VICUS
A revista VICUS está editada polo CEFORE de Vigo. O seu último número corresponde ao mes de xuño de 2007.
O obxectivo principal desta publicación é o de difundir todas aquelas experiencias educativas de aula ou de centro que se estean a desenvolver e que teñan un interese específico para o resto do profesorado.
Conta coas seccións seguintes: 1. Pensamento, 2. Experiencias premiadas, 3. Opinións do profesorado, 4. Bibliotecas escolares, 5. A pé de aula, 6. Reseñas bibliográficas, 7. Páxinas web.
Na súa última páxina figuran as normas para publicar artigos.
08/05/2008
Libro de lexislación de Primaria
A CEOU edita unha publicación que recolle a lexislación LOE de aplicación na educación primaria e que será enviada aos centros de Educación Primaria nos vindeiros días.
Contén:
1. Decreto 130/2007 do currículo de primaria
2. Orde do 23 de novembro de 2007 que regula a avaliación en educación primaria
3. Orientacións metodolóxicas por áreas
4. Avaliación diagnóstica
Acceder ao documento (3,9 Mb)
21/05/2008
Educación infantil para a saúde: E por que?
Trátase dun conxunto de unidades didácticas que atenden á educación infantil para a saúde, presentando os perigos da vida doméstica por medio de vídeos divertidos e de sinxela comprensión. Está dispoñible no Portal Galego de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Publicado no boletín nº 27 da CEOU)
28/05/2008
Dous modelos de migración ao software libre
Atopo dúas noticias que fan referencia a modelos de migración ao software libre:
1. No blogue de Rentalia, empresa adicada ao aluguer de casas de vacacións en España, explican o proceso exitoso de migración desde unha plataforma de software privativo cara a unha solución libre con Ubuntu, OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird, Gimp, etc.. como substitutos do anterior software. Este modelo básico, coas adaptacións precisas segundo a tipoloxía e tamaño dos centros, pode ser un exemplo para trasladar ás institucións educativas. (Recollido na web Mancomún.org)
2. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñon, visitou o pasado 22 de maio o IES Chan do Monte en Marín (Pontevedra), o centro de referencia na implantación de Sofware Libre nas TIC en Galicia, e destacou o interese de estender este proxecto a outros centros educativos. (Semella que algo se avanza :-).
Son dous modelos diferentes pero que se complementan e poden adaptarse segundo a tipoloxía dos centros. O primeiro exemplo, (o de Rentalia) semella máis fácil de impulsar en centros de menores dimensións (penso máis nos CEIP pero tamén nalgúns IES) e onde os docentes posúen en xeral menor formación técnica. O modelo do IES Chan de Monte é un ideal a acadar, especialmente nos centros de maiores dimensións e onde se precisa dunha infraestrutura máis complexa e de técnicos cualificados no centro.









