Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2008.

07/03/2008

Crecemento espectacular do software libre en Galicia

Esta evolución resulta realmente espectacular nalgúns eidos como é o caso da PEME galega, onde se duplica o uso do software libre ou o caso dos centros educativos onde subiu dun 20% a un 65% en apenas dous anos.

Ver noticia ampliada na web de mancomun.org 

07/03/2008 22:47 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

08/03/2008

Rede social "Internet na aula"

Con motivo da celebración do  I Congreso Nacional "Internet en el Aula", José Luis Cabello creou unha rede social en Ning. Xa hai máis de 200 profesores inscritos nesta rede. Se aínda non o fixeches anímate e participa nesta experiencia.

08/03/2008 00:19 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación Hay 1 comentario.

11/03/2008

Rede social "ágora rede" do profesorado galego

Dende de comezos de febreiro está funcionando esta rede do profesorado galego "aberta a todo o que aposte pola cultura do intercambio para a innovación e a mellora da práctica docente, polo traballo colaborativo coas TIC e polo labor de difusión de experiencias, materiais, ferramentas e recursos didácticos".
Xa somos máis de trinta. Ánímate a participar.

 

11/03/2008 12:20 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación Hay 1 comentario.

12/03/2008

Magasix linux v2.2 no IES Xulián Magariños

Manuel González Regal, desde o IES Xulián Magariños, vén de anunciar a dispoñibilidade do MAGASIX Linux v2.2, completamente estable e funcional, en galego e optimizada coas aplicacións máis útiles para os centros educativos. Manuel xa levou máis dun premio e é un dos principais impulsores do software libre en Galicia. Unha razón de peso para probala.

12/03/2008 01:32 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

13/03/2008

Humor TIC

No Recanto de Mik atopei este chiste que me fixo gracia:

"Un pequeno relato recollido en Tertulias Educativas pode levarnos á reflexión sobre a necesidade real de certos recursos. Venme agora á cabeza a pizarra dixital, tan de moda e pola que tod@s debecemos, eu a primeira. Ben é certo que ten dous grandes atractivos: o seu poder motivador para o alumnado e como aglutinador de recursos para o profesorado. Pero, pode sustituir os cadernos, lápices, pinturas e libros tal e como se pregona por certos lares?
Para pensar como usar na xusta medida os recursos, nas aptitudes dos docentes ou simplemente para rir un chisco:"
" Fai anos, un inspector visitou unha escola. No seu percorrido observou algo que lle chamou poderosamente a atención, unha mestra estaba atrincheirada detrás do seu escritorio, os alumnos facían gran desorde... o cadro era caótico.
Decidiu presentarse:
- Permiso, son o inspector de quenda, algún problema?
-Estou atafegada señor, non sei que facer con estes mozos... Non teño láminas, o Ministerio non me manda material didáctico, non teño nada novo que mostrarlles nin que dicirlles...
O inspector, que era un docente de alma, viu unha cortiza no desordenado escritorio. Tomouna e con apromo dirixiuse aos mozos:
- Que é isto?
- Unha cortiza señor... -gritaron os alumnos sorprendidos.
- Ben, de onde sae a cortiza?
- Da botella, señor..., colócaa unha máquina.., da sobreira..., dunha árbore..., da madeira..., - respondían animosos os nenos.
- E que se pode facer con madeira?, -continuaba entusiasta o docente.
- Cadeiras..., unha mesa..., un barco...
- Ben, temos un barco. Quen o debuxa? Quen fai un mapa no pizarrón e coloca o porto máis próximo para o nos
... (... continúa)
13/03/2008 13:01 Autor: xosevidal. #. Tema: Cafetería No hay comentarios. Comentar.

24/03/2008

Patapón: xogo para traballar o ritmo e a coordinación

No blog Educación Tecnológica atopo este excelente xogo para traballar o ritmo e a coordinación óculo-manual. O primeiro é ...practicar.

24/03/2008 14:57 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 2 comentarios.

26/03/2008

Wiki de recursos educativos

 Un bo exemplo dun wiki onde se recompilan recursos educativos clasificados por etapas e áreas para infantil, primaria e secundaria.

Elaborado por Manuel Lopez, Coordinador TIC do CPR Barranco de Poqueira, en Granada.

Tamén é autor do blog "El mundillo de las TIC" 
26/03/2008 22:13 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

29/03/2008

GNU/Linux e o software libre

"Gabriel Pérez,  presidente de Liberum Humanitas, capítulo de Free Culture do RUM, ofreceu unha conferencia sobre o poder de Linux e o software libre". É unha presentación de Slideshare, con 67 diapositivas. Unha excelente introdución -do mellor que coñezo- para coñecer e animar ao uso do software libre.

linus

29/03/2008 13:30 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.