Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2008.

11/04/2008

Letras Galegas 2008

A AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega) facilítanos unha Unidade Didáctica (publicada en Issuu) sobre Álvarez Blázquez elaborada por Mercedes Queixas. Esta U. D. recolle propostas de traballo para Educación Infantil e para os tres Ciclos da Educación Primaria.

(Noticia recollida no Recanto de Mik)

(Imaxe recollida en TIC no 3º ciclo, de Alberto Armada).

O ENDL do CEIP Quintela de Moaña publica unha escolma de enlaces web sobre o escritor, para o seu uso educativo.

Na web de Norberto temos un ano máis unha excelente recompilación de recursos (unidades didácticas, enlaces web...), onde destaca a proposta do Seminario Galán, con unidades didácticas en .pdf para educación infantil e cada un dos ciclos de educación primaria, así como actividades online en Jclic e LIM.

11/04/2008 00:14 Autor: xosevidal. #. Tema: En galego No hay comentarios. Comentar.

14/04/2008

I Xornada de profesorado de educación primaria

A I Xornada de Profesorado de Educación Primaria celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o próximo 18 e 19 de abril.

Os obxectivos da xornada son analizar a situación do ensino primario na actualidade, coñecer e analizar o currículo de primaria e intercambiar inquedanzas, experiencias e propostas de interese para o profesorado de ensino primario.

Ver programa da Xornada

14/04/2008 18:52 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

O software libre popularízase no ensino

Recollido en Anosaterra diario

A Consellería de Industria acaba de publicar catro informes sectoriais sobre o uso do Software Libre no país: na PEME, na PEME TIC, nos centros de ensino non universitarios e nos concellos.

Esta publicación, realizada a través de Mancomun.org., recolle unhas conclusións e recomendacións xerais de cara ao futuro. Os informes dan idea da evolución ocorrida nos dous últimos anos no uso do Software Libre en Galiza. “Nos resultados percíbese que o aumento do uso deste tipo de software é constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores”, indica a Xunta de Galicia.

 

14/04/2008 19:27 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

Novas versións de distribucións Linux en Abril 2008

Algunhas das distribucións máis importantes e populares de Linux teñen programado liberar unha nova versión final do seu sistema durante este mes de abril. Hai uns días que saíu o novo de Mandriva, teremos Fedora 9 en apenas cinco días e en menos de dúas semanas veremos Ubuntu Hardy.

Noticia recollida e ampliada en Genbeta.com

Na web de muycomputer.com atopamos unha análise detallada de catro destas distros máis populares e extendidas.

14/04/2008 19:46 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

17/04/2008

Pizarras dixitais

As pizarras ou encerados dixitais interactivos (PDI ou EDI) comezan a verse nas escolas galegas. Hai varios modelos e marcas diferentes e con custos moi diversos.

En Ediga.net (Encerado Dixital Interactivo Galicia) recóllese a nova de que o Instituto Tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela conxuntamente co CEIP de Arzúa e Edugaliza.org deseñarán a primeira pantalla de baixo custo galega para os centros de ensino. Pódese ver neste documento PDI baixo custo feito en Galicia. De momento parécenme especialmente interesantes as seguintes pizarras de baixo custo, con tres posibilidades:

1. Pizarra con Wiimote (a pizarra ten un custo duns 60 euros, máis o ordenador e o proxector).

2. Ebeam projection

3. Interactive Camera-Projector System

Tamén en Ediga.net atopamos experiencias de aula de utilización de diversos recursos técnicos sinxelos e baratos que nos permiten utilizar unha PDI, e que podemos visualizar nos vídeos alí colgados.

Tamén hai que destacar o blog http://pizarradixital.nireblog.com/ onde podemos atopar varios vídeos sobre diferentes tipos de pizarras e o seu funcionamento, ademais dunha recompilación variada de actividades para traballar co alumnado.

17/04/2008 22:10 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

24/04/2008

Curso de OpenOffice en galego

Páxina elaborada por José Troncoso, profesor dun IES en Vigo. Publica este curso de OpenOffice baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente. Está en lingua galega. Semella moi axeitado para traballar co alumnado. Noraboa!

http://www.troncoso.info/OOo/

24/04/2008 00:10 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

Ubuntu 8.04 LTS listo para descargar

En Consumer Eroski dan conta da noticia: "Ubuntu consolídase como alternativa a Windows"

En Cesarius.net, podes ver un resumo das principais características desta distribución.

Se estás dubidando en dar este salto, este pode ser un bo momento para facelo!

Tamén podes ver a nova en Vieiros  ...e no diario Público

En Genbeta.com temos uns consellos de posta a punto da nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron

En Ubuntu Life engádense algunhas suxestións máis.

En Barrrapunto.com publícase este enlace para configurar un servidor en Ubuntu (en inglés).

Aquí temos un vídeo titorial moi didáctico do proceso de instalación da nova versión de Ubuntu. Visto en ticblog, de Alberto Armada.

... (... continúa)

24/04/2008 23:12 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.