Blogia
Recursos educativos para mestres

Pizarras dixitais

As pizarras ou encerados dixitais interactivos (PDI ou EDI) comezan a verse nas escolas galegas. Hai varios modelos e marcas diferentes e con custos moi diversos.

En Ediga.net (Encerado Dixital Interactivo Galicia) recóllese a nova de que o Instituto Tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela conxuntamente co CEIP de Arzúa e Edugaliza.org deseñarán a primeira pantalla de baixo custo galega para os centros de ensino. Pódese ver neste documento PDI baixo custo feito en Galicia. De momento parécenme especialmente interesantes as seguintes pizarras de baixo custo, con tres posibilidades:

1. Pizarra con Wiimote (a pizarra ten un custo duns 60 euros, máis o ordenador e o proxector).

2. Ebeam projection

3. Interactive Camera-Projector System

Tamén en Ediga.net atopamos experiencias de aula de utilización de diversos recursos técnicos sinxelos e baratos que nos permiten utilizar unha PDI, e que podemos visualizar nos vídeos alí colgados.

Tamén hai que destacar o blog http://pizarradixital.nireblog.com/ onde podemos atopar varios vídeos sobre diferentes tipos de pizarras e o seu funcionamento, ademais dunha recompilación variada de actividades para traballar co alumnado.

0 comentarios