Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007.

07/05/2007

Metodoloxía didáctica: reflexións

Amplia a información en Sabiduria.com/Liderazgo 

07/05/2007 10:28 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

Recursos educativos de primaria en Flash

 Excelente e ampla recompilación de recursos online, clasificados por ciclos e materias.

07/05/2007 14:03 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

08/05/2007

Convocatorias de innovación educativa

Ao longo do mes de maio está prevista a convocatoria de diversas accións de innovación educativa: plan PROA, plan de autoavalición e mellora da calidade da educación, plan Valora, proxectos TIC, proxectos de innovación en normalización lingúística, seccións bilingües, programa PALE, plan de anticipación, plan de mellora de bibliotecas escolares, inmersión lingüística en primaria, inmersión lingüística en secundaria e bacharelato, premios á innovación educativa, premios en valores democráticos 2007, premios TIC 2007 e premios de enerxías renovables 2007.

Máis información no boletín 18 da CEOU

 

 

08/05/2007 18:24 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

9 de maio: Día de Europa

 

Na páxina de aulaintercultural .org podes atopar varios recursos para conmemorar este día.
08/05/2007 21:00 Autor: xosevidal. #. Tema: Conmemoracións e Temas Transversais No hay comentarios. Comentar.

09/05/2007

Ubuntu: revista en galego (Full Circle)

09/05/2007 23:36 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

Informe de avaliación do plan PROA 2005-2006

Tendencia decrecente da taxa de abandono escolar prematuro desde 2004
 

Mercedes Cabrera presenta o informe de avaliación do Plan PROA 2005-06. A súa aplicación é valorada positivamente polo 80% dos docentes.

 

 

09/05/2007 23:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

María Mariño no día das Letras Galegas 2007


No mes das Letras Galegas 2007 publícanse dous novos recursos para os niveis de educación infantil e primaria elaborados por profesorado galego e postos a disposición da comunidade educativa a través do Portal de Contidos da Xunta de Galicia.

Primeiro trátase das actividades do Seminario Galán de Formación Permanente, que podes descargar en formato.pdf para traballar as fichas cos nenos e nenas na aula, clasificadas por ciclos:

 

Ou ben traballalas directamente a través de internet:


O segundo recurso é unha animación flash sobre a vida e a obra de María Mariño, tamén para visualizar no ordenador.
 
Publicado no Boletín nº 18 da CEOU
 
Excelente recompilación de recursos na web de Norberto

 
09/05/2007 23:46 Autor: xosevidal. #. Tema: En galego No hay comentarios. Comentar.

12/05/2007

Software libre e software propietario

Porque o primeiro son os Principios...

Un usuario dun ordenador pode escoller no mundo do software entre dúas opcións básicas: a) Utilizar software propietario, basicamente da multinacional Microsoft (windows, office...), ou b) Utilizar software libre, elaborado por unha comunidade de persoas que achega desinteresadamente este produto á rede para o disfrute de tod@s.

Esta elección faise a miúdo de xeito inconsciente, por imposición, xa que grazas ó monopolio de Microsoft no mercado case tódolos ordenadores veñen co seu sistema operativo instalado. O descoñecemento conduce a aceptar aquilo que nos dan imposto como se fose a única opción posible. Unha vez atrapados nesa rede adquírense uns hábitos difíciles de cambiar.

Como usuarios de software propietario (windows, office...) pasamos a formar parte da plantillla laboral de Microsoft. Dunha gran empresa privada. Traballamos para a gran empresa: comprando o seu software, utilizándoo, axudando ós nosos compañeiros a fidelizarse (axudámoslles a usar o word, o explorer, o windows, a arranxarlles os seus atrancos...). E traballamos gratis, ¡que gran cantidade de capital posto ó servizo de Microsoft, da empresa privada, e sen que a empresa gaste un duro neste exército de traballadores! Os piratas neste sistema non son máis ca voitres que viven da rapina.

Como usuarios do software libre (linux, firefox, openoffice...) pertencemos a unha gran comunidade que pon na rede este software e que o utiliza gratuitamente, sen dar explicacións, sen rexistros, sen publicidade,.... Traballamos para toda a comunidade, desinteresadamente, solidariamente, con sentido ético... ofrecendo o noso coñecemento e obtendo a cambio o coñecemento dos demais.

Como educadores formados podemos elixir entre dous sistemas de valores.

12/05/2007 00:06 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

Martin Varsavsky: probando Ubuntu

"Baixar software libre é como ir a un supermercado onde todo é gratis, o pan é gratis, os ovos son gratis, o aceite é gratis... É increíble o traballo que fixo a comunidade do software libre regalándolle a todo o mundo as súas horas de traballo e o seu diñeiro para que todos poidamos usar isto gratis.... é impresionante, impresionante. É unha experiencia increible, porque ademais non che preguntan quen eres, non che piden que te rexistres, non che piden o teu correo electrónico para encherte de spam... É un mundo utópico realmente, non se pode crer que haxa tanta xente que fixese tantas cousas para que todo o mundo as reciba gratis" Martin Varsavsky
 
Un vídeo explicativo da primeira experiencia con Ubuntu.

 

 

12/05/2007 00:13 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

15/05/2007

Observatorio da convivencia

 No DOG nº 88 do martes 8 de maio sae publicado o Decreto 85/2007, do 2 de abril, polo que se crea o Observatorio Galego da Convivencia Escolar, un órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar.
O Observatorio organízase en 3 niveis: autonómico, provincial e de centro educativo.

Acceso á web de convivencia 

Publicado no boletín nº 19 da CEOU 

15/05/2007 00:21 Autor: xosevidal. #. Tema: Lexislación No hay comentarios. Comentar.

21/05/2007

Vedoque: materiais e programas educativos

Nesta excelente web atoparás: xogos educativos, fichas de matemáticas, de lectoescritura, cadernos de cálculo, debuxos, ... para as etapas de Educación Infantil e Primaria.

 

21/05/2007 11:25 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

CRA Alta Ribagorza: web con recursos

21/05/2007 11:58 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

PHP Webquest: directorio de webquests

A través dunha Webquest, os alumnos/as deben buscar as repostas ó problema ou tarefa que se lles presenta.

Esta páxina ofrece unha recompilación de webquests clasificadas por niveis educativos e materias.

Aquí, por exemplo, te-la lista de webquests na área de coñecemento do medio para educación primaria .
21/05/2007 13:10 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

23/05/2007

Software libre: máis razóns para o uso na escola


Fragmento da intervención de Richard Stallman na Universidade de Palma de Mallorca no 2004.


Por que as escolas deberían usar só software libre (texto da conferencia de Richard Stallman)

Software Libre: consciencia de libertad por Julian Coccia, presidente de Linux Español e fundador do Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica

Software Libre e Software Privativo - Dous modelos de ensinanza , Por Sergio Belin y Federico Heinz

Máis información en www.educacionenvalores.org 

23/05/2007 23:49 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

30/05/2007

Get Ubuntu

HacheMuda é o creador deste video

Máis vídeos en you tube

30/05/2007 23:36 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

31/05/2007

Por que os finlandeses educan mellor?

Os datos dos estudios comparativos internacionais sobre educación (PISA, Eurydice) colocan ós alumnos finlandeses entre os máis preparados do mundo.

En

31/05/2007 00:14 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.