Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007.

01/03/2007

Eclipse de lúa: sábado 3 marzo

A ver se o bo tempo axuda  Chulo

01/03/2007 19:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

02/03/2007

Steve Jobs: fundador de Apple (Conferencia de Graduación)

... Cando tiña 17 años, lin unha cita que dicía algo como: “Se vives cada día como se fose o último, algún día terás razón”. Marcoume, e desde aquela, durante os últimos 33 anos, cada mañán mireime no espello e pregunteime: “Se hoxe fose o último día da miña vida, faría o que vou facer hoxe?” E se a resposta era “Non” durante demasiados días seguidos, sabía que necesitaba cambiar algo.

Vía: Blog 86400.es (vídeo e texto completos)
02/03/2007 22:05 Autor: xosevidal. #. Tema: Pensamentos no diván No hay comentarios. Comentar.

Antoloxía poética multimedia (Ángel Puente)

Un auténtico disfrute da literatura, podemos escoitar decenas de magníficos poemas seleccionados na voz de cantantes como Paco Ibañez, Pablo Milanés, Amancio Prada, Serrat, Camarón de la Isla….

Sinxelamente excepcional Avergonzado

 

02/03/2007 22:35 Autor: xosevidal. #. Tema: Pensamentos no diván No hay comentarios. Comentar.

05/03/2007

Nenos sen límites (Artigo en El Pais Semanal)

Hai condicionantes externos que inflúen no aumento da violencia dos nenos e adolescentes, pero a primeira reflexión hai que facela no contorno cercano e familiar. Saber transmitir valores, poñer límites e prohibir certos comportamientos ós fillos é tan importante como prodigarse en mostras de tenrura e cariño.

Nenos sen límites

Grazas a María José Sonriente

05/03/2007 11:34 Autor: xosevidal. #. Tema: Carpeta de titores No hay comentarios. Comentar.

Convocatoria axudas ordenadores (Xunta de Galicia)

3ª CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUMNADO PARA A ADQUISICIÓN DUN ORDENADOR PERSOAL
Esta 3ª convocatoria está dirixida a todo o alumnado da educación obrigatoria (primaria e secundaria), e as axudas concederanse por nivel de renda. O número de axudas ofertado son 10.000 a 300 € cada unha.

05/03/2007 11:40 Autor: xosevidal. #. Tema: Concursos e premios No hay comentarios. Comentar.

Borrador do Decreto de Educación Primaria

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición de toda a comunidade educativa o BORRADOR do decreto polo que se establece o currículo  da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.


Acceso ao documento

05/03/2007 11:50 Autor: xosevidal. #. Tema: Lexislación No hay comentarios. Comentar.

CONCURSO DE WEBQUEST E DE LIBROS WEB COLABORATIVOS

Co gallo do Día das Letras Galegas 2007, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de webquest e outro de libros web colaborativos . Para iso, poñen a disposición de todo o profesorado e de todo o alumnado dúas ferramentas que permitirán elaborar os materiais obxecto da convocatoria sen ter apenas coñecementos informáticos.

 
Acceso ás bases.

 Máis información sobre o Día das Letras Galegas

 

 

05/03/2007 11:59 Autor: xosevidal. #. Tema: Concursos e premios No hay comentarios. Comentar.

8 marzo: propostas didácticas (STEG)

Proposta de actividades para educación primaria e secundaria

Boletín especial sobre o 8 de marzo

05/03/2007 13:15 Autor: xosevidal. #. Tema: Conmemoracións e Temas Transversais No hay comentarios. Comentar.

XXIV Semana de Filosofía

 XXIV SEMANA DE FILOSOFÍA: FILOSOFÍA E DIFERENZAS

9 ao 13 de abril de 2007

Pontevedra - Teatro Principal

 

Organiza a Aula Castelao de Filosofía

 

Inscríbete antes do 30 de marzo.

05/03/2007 13:59 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

07/03/2007

Que foi das cartas?


07/03/2007 23:00 Autor: xosevidal. #. Tema: Pensamentos no diván No hay comentarios. Comentar.

08/03/2007

Nova Escola Galega: Actividades

08/03/2007 23:32 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

12/03/2007

PROXECTOS DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Resolución do 1 de marzo de 2007 (DOG nº 47) . Convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino público de Galicia.

O financiamento máximo que se outorgará para cada proxecto non superará os 2.500€. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días dende a publicación no DOG.

 

12/03/2007 13:00 Autor: xosevidal. #. Tema: En galego No hay comentarios. Comentar.

Educación afectivo-sexual: concurso de WEBQUEST

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade convocan catro premios a webquest sobre educación afectivo-sexual dirixidas a alumnado de infantil, primaria e secundaria.

Os dous primeiros premios consisten nun ordenador portátil, e os dous segundos nunha PDA.

Os traballos deberán presentarse antes do 1 de maio de 2007.

12/03/2007 22:24 Autor: xosevidal. #. Tema: Concursos e premios No hay comentarios. Comentar.

14/03/2007

Software libre: entrevista a Manuel Morán (IES Chan do Monte)

“O ensino público no canto de dedicarse a ser un actor de dinamización do desenvolvemento de Galicia estamos a ser unha academia de Software Privado. Seguir facéndolle o xogo ás compañías comprando o seu software e formando gratis a alumnos no seu produto custa moito diñeiro e non me parece xusto nin un bo xeito de gastar o diñeiro dos contribuíntes.”


Publicado en http://www.mancomun.org

14/03/2007 23:45 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

15/03/2007

19/03/2007

21 de marzo: Día Forestal Mundial

A metade dos bosques mundiais desapareceron, e as áreas forestais con maior biodiversidade están en perigo. A xestión sostible dos bosques debe pasar das palabras á práctica.

Traballa na aula co texto “El hombre que plantaba árboles” de Jean Giono.

Proposta en http://www.educacionenvalores.org/

 

19/03/2007 13:41 Autor: xosevidal. #. Tema: Conmemoracións e Temas Transversais Hay 3 comentarios.

21/03/2007

Os mestres recoñécense satisfeitos coa súa profesión

O 90% dos profesores considera que a vocación é necesaria para dedicarse ó ensino e está satisfeito coa profesión elexida.

Estas son algunhas das conclusións do informe "As emocións e os valores do profesorado”, editado pola Fundación SM e o Instituto IDEA, coa colaboración do Ministerio de Educación e Ciencia.

 


Publicado en:


21/03/2007 20:56 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

Libros: O pequeno ditador (Javier Urra)

Nenos consentidos, sen conciencia dos límites, que organizan a vida familiar, dan ordes ós seus pais e chantaxean a todo aquel que intenta frenalos; adolescentes agresivos que desenvolven condutas violentas. En definitiva, fillos desafiantes que terminan impoñendo a súa propia lei.
Eu estouno lendo. Dirixido a pais e nais. Fácil de ler. (A min custoume 8 euros en edición de bolsillo).

 

21/03/2007 21:49 Autor: xosevidal. #. Tema: Libros Hay 7 comentarios.

22/03/2007

Condutas asertivas, agresivas e pasivas

As condutas non asertivas son a principal causa dos conflitos interpersoais

Publicado en La voz de la escuela (21 marzo 2007)

Máis sobre  o tema en La voz de la escuela (28 marzo 2007)



22/03/2007 00:24 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

27/03/2007

Poesía para nenos

 

"Se ves un monte de escumas, é o meu verso o que ves"

José Martí.


A web da poesía infantil, do xogo poético e da creatividade.

 

Atoparás materiais didácticos para traballar cos nenos e achegalos ó mundo da poesía.

 

E para rematar... uns libriños recomendados:

 

 

Graciñas a Mónica Guiño

27/03/2007 21:12 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula Hay 1 comentario.

Síndrome de Down: "Eu son especial"

 

 

 

 

Co meu respeto, admiración e cariño a tódalas persoas que loitan por superar algún tipo de discapacidade

27/03/2007 23:03 Autor: xosevidal. #. Tema: Atención á diversidade Hay 1 comentario.

28/03/2007

Beryl (xestor de ventás en Linux)

28/03/2007 00:11 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

30/03/2007

A humildade do mestre

“Un guerreiro toma a súa sorte, sexa a que sexa, e acéptaa coa máxima humildade. Acéptase con humildade así como é, non como base para lamentarse, senón como base para a súa loita e o seu desafío.

Lévanos moito tempo comprender iso e vivilo por enteiro. Eu, por exemplo, odiaba mencionar a palabra humildade. Son un indio, e os indios sempre fomos humildes e non fixemos nada máis que agachar a cabeza. Eu pensaba que a humildade non tiña que ver co camiño do guerreiro. ¡Equivocábame! Agora sei que a humildade do guerreiro non é a humildade do pordioseiro. O guerreiro non agacha a cabeza diante de ninguén, pero, ó mesmo tempo, tampouco permite que ninguén agache a cabeza diante del. Sen embargo, o pordioseiro á menor provocación pide piedade de xeonllos e bótase ó chan a que o pise calquera a quen considera máis encumbrado; pero ó mesmo tempo, esixe a quen considera por baixo del que lle faga o mesmo".

Recollido de: Carlos Castaneda: Relatos de poder

Máis cousas en: La Sangre del León Verde
30/03/2007 01:07 Autor: xosevidal. #. Tema: Pensamentos no diván Hay 1 comentario.