Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2007.
01/02/2007
Lexislación básica en primaria
Enlaces varios:
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de 2006, de educación
RD Ensinanzas Mínimas 2º Ciclo de Educación Infantil
RD 1513/2006 de Ensinanzas Mínimas en Educación Primaria.
O próximo curso académico debe aplicarse no primeiro ciclo de Educación Primaria.
Recompilación da lexislación educativa en Galicia. Páxina da Xunta.

02/02/2007
Binta e a gran idea
Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea ó lado do río Casamance, no sur de Senegal, e vai ó colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ó seu pai, un humilde pescador que preocupado polo progreso da humanidade quere levar adiante unha idea que se lle ocurriu.
[A min emocionoume. En verdade que vale a pena velo, dura media hora, recomendo facer un aparte durante ese tempo e disfrutar co vídeo.]
Moi recomendable para que o vexan os nenos e nenas do cole.
Concurso viñetas. Contacontos.

O concello de Bueu organiza o I concurso de viñetas e ilustracións "A igualdade no traballo". Vai dirixido ós alumnos do 3º ciclo de Primaria (tamén para ESO e Bacharelato).
Aquí tendes as bases da convocatoria.



Estas viñetas foron enlazadas desde
http://www.faq-mac.com/bitacoras/todas/?p=5720/02/2007
Convivencia: lecturas e reflexións
As comunidades de aprendizaxe como expertas en resolución de conflitos

As comunidades de aprendizaxe baséanse na transformación social e cultural dun centro educativo e o seu contorno, baseada na aprendizaxe dialóxica. Isto supón reorganizar todo, dende a aula ata a organización do propio centro e a súa relación coa comunidade, en base ó diálogo.
http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=436
Alimentación Sana: Decálogo
Decálogo da boa alimentación (Cartel para os nenos)
Decálogo para pais e nais , elaborado polo departamento de orientación. Son 2 páxinas en formato pdf.
Por último recollemos un completo documento en PDF sobre alimentación, na páxina da CEOU (Xunta de Galicia)
Proverbios e citas
Blog de Mikel Agirregabiria
Plan Galego de Convivencia Escolar
Neste espazo, creado como unha das actuacións dentro do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar en Galicia, quérenselle ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz. |
Como elaborar o plan de convivencia do centro
Gran cantidade de recursos didácticos para traballar na aula
O entroido en Galiza
Viño para principiantes. Curso de cata en podcast.
Formación do profesorado: CNICE
Curso do MEC sobre Linux (Ubuntu) e software libre
Súmate á convivencia escolar
FETE-UGT e Fundación Telefónica presentan o programa SÚMATE Á CONVIVENCIA.
Conta con grande cantidade de recursos online para a comunidade educativa (recursos multimedia, plans de convivencia, programas...)
XXII encontros de educación

XXII ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ:" EDUCAR PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS"
Envía o formulario e inscríbete
Data de Celebración: 1, 2 e 3 de Marzo.
Lugar de celebración: Xornalismo.
Horario: (ACCEDE Ó PROGRAMA PROVISORIO PARA VER OS HORARIOS DE CADA DÍA).
HOMOLOGADO cun crédito de libre configuración pola USC.
Revista Comunidad Escolar
III Certame Matilde Bares

Por se alguén se anima a escribir...
22/02/2007
PLAN VALORA. SAUDIÑA
O Plan Valora é unha liña de innovación educativa que quere potenciar a educación en valores democráticos, canalizada a través de diversos ámbitos de actuación como son :
a educación para a igualdade de homes e mulleres;
a convivencia, cidadanía e cultura de paz;
a interculturalidade;
o medio ambiente e desenvolvemento sostible;
a educación viaria;
o consumo responsable;
o lecer;
a saúde e
o medio mariño.
Revista Saudiña nº 13 , xaneiro de 2007. O voceiro do Plan Valora recolle as boas prácticas dos centros educativos, artigos especializados neste ámbito destinados a toda a comunidade educativa, así como outras seccións a través das que se contribúe a difundir a educación en valores no eido escolar.
Premio escolar Paz e Cooperación
PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2007
O MEU DEREITO A DECIDIR
Aquí podes atopar as Bases da Convocatoria.
Concursos: Operación CAN

Operación CAN está coordinado pola Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA). Ao proxecto poden optar rapaces e rapazas de centros educativos galegos entre 1º de primaria e 4º da ESO que fagan unha ou máis cancións en galego relacionadas coa protección do medio natural, animais e plantas. Poderán presentarse gravacións ata o 1 de maio de 2007.
A semana da prensa (12 a 16 de marzo)
Prensa-Escuela convoca o concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, con motivo da celebración da 19ª semana da Prensa na Escola, que se celebrará do 12 ao 16 de marzo de 2007.
A páxina de La Voz de Galicia tamén conta cunha sección de blogs onde participan os alumnos e alumnas dos centros educativos. O gañador no mes de xaneiro , está especializado en actividades de animación da biblioteca escolar.
26/02/2007
Forges. Humor escolar

http://bp2.blogger.com/_JN4k50IR3OM/ReMWkcW4B4I/AAAAAAAAAzI/1dwx6ls4XOw/s400/20070226elpepivin_1.jpg.gif































