Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.

09/04/2007

Por unha educación activa contra os conflitos armados


Se ben eu non son ningún profesional vencellado ó eido educativo ou pedagóxico, impulsado polos ecos da morte dunha soldado do exército español de orixe galega a comezos do presente ano en Afganistán, decido verter aquí unha opinión persoal sobre o importante papel, que ó meu xuízo, deben xogar as institucións educativas na formación dunha “cultura pacifista”.


Realmente o que me leva a escribir isto non foi a morte en si mesma desta rapaza, senón que foron unhas imaxes que apareceron ás poucas semanas duns nenos visitando un acuartelamento militar, o que verdadeiramente provocou que indignado reaccionara para comezar a darlle forma a este escrito, despois de levar varios días cun malestar interno motivado pola crenza de que nas guerras sempre morren os máis “pringaos”.


Primeiramente quero sinalar que opto por falar de “cultura pacifista”, e non de “cultura pola paz ou de paz”, xa que teño a sensación de que ultimamente o significado da palabra “paz” ven sendo un útil comodín do que se fai un uso tan fácil, que a miúdo perde o peso e a importancia vital que debería ter, ó dárselle un uso tan parcial e arbitrario por determinados axentes sociais (políticos, xornalistas..) que a empregan, a miúdo en beneficio propio. Así pois, eu prefiro empregar o termo “pacifista”, que ó meu entender implica unha posición máis activa, constante e comprometida.


Quede claro pois, que a miña postura é polo

... (... continúa)
09/04/2007 23:59 Autor: Cenlumes. #. Tema: Debates Hay 1 comentario.

10/04/2007

PREESCOLAR NA CASA - EDUCAR EN FAMILIA

O programa "Preescolar na casa-Educar en familia" é o froito dunha iniciativa conxunta das consellerías de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e mais de Educación e Ordenación Universitaria que parte da premisa fundamental da importancia da familia no desenvolvemento integral do neno.
 
Persegue proporcionar ás familias galegas con nenos menores de seis anos a formación e orientación necesaria para enriquecer e, no seu caso, mellora-la educación dos seus fillos/as e, ó mesmo tempo, consolida-la aprendizaxe e normalización da lingua galega dende o contexto familiar.
 

 

Un programa de formación de pais e nais co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos fillos a través da reflexión sobre o acontencer da vida diaria.



10/04/2007 00:10 Autor: xosevidal. #. Tema: Carpeta de titores Hay 2 comentarios.

Informe sobre o Estado e a Situación do Sistema Educativo en Galicia

O Consello Escolar alerta do "alto atraso" dos alumnos galegos en novas tecnoloxías.

 

O sistema educativo galego leva un suspenso en normalización lingüística

 

Só tres de cada dez rapaces da Primaria usan o galego.

O informe do Consello Escolar de Galicia quéixase especialmente da "desproporción" do uso do castelán durante a aprendizaxe da lectura e a escritura.

En Vieiros.com

 

10/04/2007 23:07 Autor: xosevidal. #. Tema: Formación No hay comentarios. Comentar.

11/04/2007

A mediación nos conflitos escolares

A intervención dunha terceira persoa imparcial nun conflito para solucionalo constitúe a orixe do equipo de mediación. Pais, alumnos e profesores pretenden dar resposta ós problemas de convivencia que non se resolven coa aplicación das sancións correctoras.

 


11/04/2007 20:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

Carné de clase por puntos

Un centro cántabro implanta esta modalidade nunha aula de Primaria como técnica auxiliar de modificación de conduta

Esta experiencia levouse a cabo nunha aula escolar de sexto curso de Primaria con alumnado que tiña un comportamento que evolucionara negativamente curso a curso “por unha serie de desafortunadas circunstancias”.

11/04/2007 20:46 Autor: xosevidal. #. Tema: Convivencia No hay comentarios. Comentar.

14/04/2007

Actividades de matemáticas (5º e 6º cursos)

14/04/2007 14:14 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

16/04/2007

LINEX: software libre e educativo en Extremadura

16/04/2007 11:33 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

17/04/2007

Educalia: Xogos e programas educativos

17/04/2007 22:38 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

18/04/2007

19/04/2007

Feisty Fawn 7.04 xa está aquí!!


ubuntuorange.jpg

 

O 19 de Abril lanzouse Ubuntu 7.04 (Feisty Fawn).

Anímate e… descárgao! . Tamén o podes pedir para que che manden un CD á casa . Por último, podes actualizar dende a túa versión anterior de Ubuntu.

Vía: Cesarius.net

19/04/2007 20:53 Autor: xosevidal. #. Tema: Software libre No hay comentarios. Comentar.

23/04/2007

Bibliotecas escolares de Galicia: Lendo en Abril

 

Chega por terceiro ano consecutivo aos centros escolares o boletín Lendo en abril, unha ferramenta para a difusión de experiencias que se están a levar a cabo nas bibliotecas escolares galegas.

 

23/04/2007 11:44 Autor: xosevidal. #. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.

25/04/2007

Recursos (CEIP Miguel de Cervantes)

Excelente  recompilación de recursos educativos de todo tipo:

. Xogos educativos interactivos online

. Fichas para imprimir en tódalas áreas

. Gran cantidade de Enlaces interesantes

25/04/2007 23:29 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

26/04/2007

30/04/2007

Contidos sobre Coñecemento do medio

30/04/2007 13:32 Autor: xosevidal. #. Tema: Recursos de aula No hay comentarios. Comentar.

Apertas: unha terapia para todos

 

Publicado en: http://blog.agirregabiria.net/2007/04/abrazar-una-terapia-para-todos.html 

30/04/2007 20:47 Autor: xosevidal. #. Tema: Cafetería No hay comentarios. Comentar.

Paulo Freire: homenaxe

O 2 de maio cúmprense 10 anos da morte de Paulo Freire.

Homenaxe de ZiberEskola

Máis en Cuaderno de un educador jubilado

 

30/04/2007 21:29 Autor: xosevidal. #. Tema: Libros No hay comentarios. Comentar.